Pontevedra Viva!
Galerías
-
-
-
Pedro Volta presenta en Pontevedra o seu espectáculo "Ilusionante"
O pontevedrés Pedro Volta, actualmente fincado en Madrid, regresou este sábado á súa cidade natal para ofrecer un espectáculo de maxia titulado Ilusionante, que atraeu a centos de persoas ao auditorio de Afundación da cidade do Lérez
Esta galería aparece en:
-
A Sétima Feira enche de música a praza de abastos
O tempo está a demostrar que a Sétima Feira, a iniciativa impulsada para dinamizar a praza de abastos de Pontevedra, resulta ser un gran éxito na cidade. Con cada unha das súas edicións son máis as persoas que se achegan ata a primeira planta do mercado para esculcar polos postos de artesáns e creadores locais, gozar dun bo concerto dalgún artista ou degustar algunha das delicias gastronómicas que alí se serven
Esta galería aparece en:
-
-
Celebración do ascenso do filial do Teucro a Primeira Nacional
Despois de dous triunfos nas dúas primeiras xornadas, ao equipo pontevedrés só lle faltaba culminar a proeza na terceira xornada e conseguiuno logrando un meritorio ascenso. O equipo feminino, o Teucro Pescamar, despediuse o sábado das súas opcións
Esta galería aparece en:
-
A música en galego resoa en toda Pontevedra co Galegote Rock
Todo o centro histórico de Pontevedra converteuse este sábado nun gran escenario no que se escoitou música en directo e en galego. Ese era o obxectivo da xornada grande da quinta edición do festival Galegote Rock, un evento cultural que xa está plenamente consolidado na programación da cidade
Esta galería aparece en:
-
A emoción do piñón fixo enche de ciclismo as rúas de Pontevedra
Un circuíto urbano con saída e chegada na avenida de Montero Ríos acolleu este sábado a espectacular segunda edición do Critérium Pontevedra de Piñón Fixo. Case un centenar de ciclistas participaron nas dúas carreiras, unha amateur e outra profesional, que se disputaron polas rúas da cidade, nas que múltiples afeccionados gozaron coa emoción desta proba deportiva
Esta galería aparece en:
-
-