'Losers (Perdedores)' arrinca gargalladas no Pazo da Cultura
Por Mónica Patxot
Teñen preto de 40 anos e non teñen fillos, parella, casa ou diñeiro, son uns perdedores. Con ese argumento arrinca Losers (Perdedores), obra de teatro que protagonizou este xoves a terceira cita do ciclo Summum Teatro.
Non se encheu nesta ocasión en Pazo da Cultura, pero o público asistente puido gozar dunha divertida comedia na que sobresaíron os seus dous actores, María Pujalte e Vicente Romero.
Ambos arrincaron gargalladas aos presentes durante preto de hora e media de espectáculo a base de situacións cotiás e problemas de parella que enganchan ata o final.
Summum Teatro terá a súa cuarta e última cita o próximo 3 de xuño con Atchúusss!!!, unha comedia protagonizada por Adriana Ozores, Malena Alterio, Fernando Tejero, Ernesto Alterio e Enric Benavent.