Pistoletazo de saída ao Galegote Rock 2016
Por Mónica Patxot
El Pequeño acolleu este xoves o primeiro dos concertos do Galegote Rock 2016, que encherá de actividade musical a cidade nos próximos días.
Querido Extraño e Roger de Flor protagonizaron a primeira xornada dun evento que pretende promover e normalizar a música en lingua galega e en vivo con actuacións en diversos puntos da cidade.
Este venres a Sala Karma collerá a testemuña co concerto de Santos Morcegos e Camarada Nimoy, mentres o sábado 14 de maio será o día grande do Galegote cunha ampla programación ao longo do día:
11.00 a 15.00 horas: O Xabarín de Bora actuará en el Mercado de Abastos
12.00 horas: Tanto nos ten - Praza da Ferrería
12.30 horas: O cadelo lunático - Terraza da Sidrería Montañés
13.00 horas: Davide Salvado - Mercado de Abastos
13.00 horas: Expresión Contacontos "Canta Contos" - Pazo de Mugartegui
14.00 horas: Alley Stompers. Escola de Baile Lindy Hop - Cafetería Savoy
15.00 horas: Tatán Chapeu - Parador
16.00 horas: Mike Grelo e curmán - O Grifón
17.00 horas: Poetarras - O Diaño
18.00 horas: Sokram - El Pequeño
18.30 horas: Falabaratas, "Xoana sen medo" - Pazo de Mugarteugui
19.00 horas: Champurrada - Escaleiras do Teatro Principal
20.00 horas: Familia Caamagno - Cruceiro das cinco rúas