Unha noite sen durmir, sete horas de reunión e principio de acordo: Tere Abelleira e 20 internacionais máis viaxarán a Suecia coa Selección
Por Diego Espiño
Tere Abelleira e 20 internacionais máis permanecerán na convocatoria da Selección Española Absoluta para afrontar as dúas primeiras xornadas da Nations League.
Así o acordaron 21 das 23 internacionais citadas polo combinado español (dous delas abandonarán a concentración sen ser sancionadas) tras unha intensa noite de reunións no Hotel Oliva de Valencia, lugar de concentración da Selección.
Ao redor de sete horas de reunións, coa intermediación do presidente do Consello Superior de Deportes, Víctor Franco, e a participación da seleccionadora e cargos da Federación Española ademais das propias futbolistas, desembocaron nun principio de acordo para desbloquear o conflito aberto e enquistado tras a negativa inicial das xogadoras para acudir á convocatoria e a obrigación para presentarse ante a ameaza real de ser inhabilitadas.
"Falouse dunha serie de acordos que serán redactados pola Federación Española de Fútbol e o CSD mañá, ademais de concretarse a constitución dunha comisión mixta dos acordos que se alcanzaron. As xogadoras mostráronnos a súa preocupación pola necesidade de facer cambios profundos na federación e esta comprometeuse a facelos de forma inmediata", explicou o presidente do Consello Superior de Deportes en plena madrugada ao concluír as diversas reunións mantidas con todas as partes implicadas.
Segundo sinalaron existe un compromiso en firme de realizar os cambios estruturais que demandaban as profesionais.
"Considérase un achegamento de posturas. É o inicio dun longo camiño que nos queda por diante. Elas, unha vez máis, demostráronse coherentes e decidiron a gran maioría tomar a decisión de quedar polo ben deste acordo", sinalou pola súa banda a presidenta do sindicato FUTPRO, Amanda Gutiérrez.
Tras desbloquearse a situación, a Selección Española ten previsto realizar o seu primeiro adestramento ás 17.30 horas da tarde deste mércores, no que comezarán a preparar o duelo que lles enfrontará a Suecia o vindeiro venres 22 (18.30 horas) en Goteborg.
Relacionadas:
-
Un ano con 'estrela' de campioa do Mundo para Tere Abelleira e o fútbol pontevedrés
Por Diego Espiño |
-
Tere Abelleira, protagonista na previa da Nations League: "Por fin falamos de fútbol"
Por Diego Espiño |
-
Tere Abelleira, na lista da Selección para a xanela internacional previa a xogar en Pasarón
Por Diego Espiño |
-
España golea a Suíza (5-0) con Tere Abelleira como titular e fai pleno no arranque da Nations League
Por Diego Espiño |
-
Tere Abelleira, titular no debut con vitoria de Montse Tomé coa Selección ante Suecia (2-3)
Por Almu Dapena |
-
Tere Abelleira e o resto de internacionais acoden á convocatoria da Selección para evitar ser sancionadas
Por Diego Espiño |
-
Tere Abelleira rexeita a convocatoria da Selección: "A RFEF non se atopa en disposición de esixirnos acudir"
Por Diego Espiño |
-
Tere Abelleira, incluída na esperada primeira lista de Montse Tomé na Selección Española Absoluta
Por Diego Espiño |
-
Pasarón, candidato a acoller en decembro un partido da Selección Española Absoluta Feminina
Por Diego Espiño |
-
A conduta de Rubiales é "intolerable" e "no representa los valores que quiere transmitir el deporte" asegura Tere Abelleira
Por Oskar Viéitez |
-
Tere Abelleira: "Que ningún éxito das mulleres futbolistas e deportistas sexa manchado por ningún tipo de comportamento"
Por Almu Dapena |