Tere Abelleira: "Que ningún éxito das mulleres futbolistas e deportistas sexa manchado por ningún tipo de comportamento"
Por Almu Dapena
A Cidade Infantil de Príncipe Felipe de Pontevedra acolleu este venres unha homenaxe a Teresa Abelleira organizada pola Deputación de Pontevedra e ao que acudiron numerosos clubs femininos da provincia así como os nenos e nenas que están a pasar parte do verán no Príncipe Felipe.
A pontevedresa e campioa do mundo estivo acompañada por Marta Fdez Tapias, vicepresidenta primeira e deputada de deportes; Rafael Domínguez, vicepresidente segundo da Deputación; Sandra Bastos, deputada de igualdade; Xosé Ramón Lete Lasa, secretario xeral para o deporte; Daniel Benavides, xefe do servizo provincial de deportes de Pontevedra; Agustín Reguera, delegado territorial da Xunta, e José Manuel Fernández, vicepresidente da Federación Galega de Fútbol.
Durante o acto, a xogadora recibiu da man de Fernández Tapias unha placa conmemorativa da súa vitoria no Mundial e a insignia de ouro da institución provincial. Ademais, Tere deixou a súa firma no 'Libro de honra da Deputación de Pontevedra', onde escribiu: "É unha honra formar parte da historia deste libro. Grazas á Deputación polo agarimo recibido e de facer deste día un día inesquecible".
Teresa agradeceu "o agarimo que estou a recibir" e admitiu estar emocionada porque "non imaxinaba este recibimento. Isto é un traballo de moitas mulleres, moitas futbolistas que levan camiñando desde hai moitos anos atrás sen recursos, cando lles poñían moitas barreiras. É un orgullo e privilexio formar parte deste cambio".
Tamén recoñeceu que o seu camiño foi "máis fácil" que o das precursoras e espera "que todas as que estades aquí sentadas teñádelo aínda máis fácil e crezades con soños moi grandes. Agora vedes na televisión que as mulleres poden ser campioas do mundo e estou segura de que nuns anos virei recibir a algunha de vós cunha medalla de ouro no peito".
A xogadora do Real Madrid tamén quixo engadir que "é un bo momento para que sexa un punto de inflexión e que ningún éxito das mulleres futbolistas e deportistas sexa manchado por ningún tipo de comportamento", referíndose ao bico non consentido de Luís Rubiales á súa compañeira Jenni Hermoso durante a celebración da vitoria.
Pola súa banda, Xosé Ramón Lete afagou a Tere Abelleira e lembrou que "o camiño ata aquí non foi fácil", pero que a pontevedresa "xa está a pensar no seguinte reto, que son os Xogos Olímpicos de París 2024".
O secretario xeral fixo un percorrido polas olimpíadas que se celebraron ata o momento e o cambio que viviron as mulleres deportistas. "En Tokio o corenta e tantos por cento da Delegación eran mulleres (138) e estou seguro de que en París 2024, coa vosa presenza, ides superar o 50% de presenza dunhas mulleres nos Xogos Olímpicos".
Lete Lasa lembrou a xogadoras como Irene, a primeira muller en formar un equipo feminino; ou Vero Boquete, Mari Paz Vilas e Nuria Rábano, galegas que levan o nome Galicia polo mundo. Espera, ademais, "que nos próximos campionatos non haxa só unha bandeira galega e, algún día, seguro, haberá moitas máis Tere Abelleira deixando a Galicia no alto".
Finalmente, Fernández Tapias dirixiuse a Tere como "o exemplo" para as nenas de agora. "Cando eras pequena fixábasche en Vero Boquete e agora ti es o exemplo que queren seguir todas estas nenas. Creo que non es consciente do que conseguiu para Pontevedra e para Galicia e o que supón para as mulleres gañar ese campionato do mundo nun deporte que custa moito traballo que as mulleres podamos saír adiante e podamos competir en igualdade de condicións. Isto é romper unha barreira para que o fútbol feminino teña as mesmas condicións que o masculino", recoñeceu a deputada de deportes.
O FÚTBOL FEMININO, CONTRA RUBIALES
Despois de que Luís Rubiales anunciase que non dimitirá tras o polémico bico a Jenni Fermoso no Mundial, botase a culpa á xogadora e cargase contra o feminismo, todo o fútbol feminino uniuse para condenar a comparecencia do presidente da Federación Española de Fútbol e ir "a matar" coa súa compañeira.
As 23 campioas do mundo, entre as que se atopa Teresa Abelleira, planean un comunicado conxunto para alzar a voz contra o ocorrido. Ademais, moitas das xogadoras, incluso a pontevedresa, xa se pronunciaron a través das redes sociais.
Intolerable.
— Teresa Abelleira (@teresabelleira) August 25, 2023
¡ Estamos contigo ! @Jennihermoso
Relacionadas:
-
Un ano con 'estrela' de campioa do Mundo para Tere Abelleira e o fútbol pontevedrés
Por Diego Espiño |
-
A futbolista Laia Codina declara desde os xulgados da Parda como testemuña no 'caso Rubiales'
Por Alejandro Espiño & Diego Espiño |
-
España golea a Suíza (5-0) con Tere Abelleira como titular e fai pleno no arranque da Nations League
Por Diego Espiño |
-
Unha noite sen durmir, sete horas de reunión e principio de acordo na Selección
Por Diego Espiño |
-
Tere Abelleira e o resto de internacionais acoden á convocatoria da Selección para evitar ser sancionadas
Por Diego Espiño |
-
Tere Abelleira rexeita a convocatoria da Selección: "A RFEF non se atopa en disposición de esixirnos acudir"
Por Diego Espiño |
-
Tere Abelleira, incluída na esperada primeira lista de Montse Tomé na Selección Española Absoluta
Por Diego Espiño |
-
Pasarón, candidato a acoller en decembro un partido da Selección Española Absoluta Feminina
Por Diego Espiño |
-
Os presidentes territoriais piden a dimisión de Rubiales con Louzán como "un dos principais impulsores dos termos do comunicado"
Por Diego Espiño |
-
"Nin somos falsas feministas nin consentimos acusacións de verdadeiros machistas"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Feministas convocan unha concentración en Pontevedra este luns en apoio a Jenni Hermoso
Por Oskar Viéitez |
-
A conduta de Rubiales é "intolerable" e "no representa los valores que quiere transmitir el deporte" asegura Tere Abelleira
Por Oskar Viéitez |
-
O Salgueiriños estrea equipos femininos para a nova tempada
Por Redacción |
-
O fútbol feminino galego rende homenaxe a Tere Abelleira
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Tere Abelleira: "Pontevedra es campeona del mundo y hay que celebrarlo"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
O PSOE, a favor de nomear a Tere Abelleira Filla Predilecta e de "calquera proposta que supoña un recoñecemento"
Por Natalia Puga |
-
O PP solicita formalmente que Tere Abelleira sexa Filla Predilecta de Pontevedra
Por Natalia Puga |
-
A Deputación convida os clubs da provincia á súa propia homenaxe a Tere Abelleira
Por Diego Espiño |
-
Honras para España e para Tere Abelleira, "o auténtico metrónomo da Selección"
Por Diego Espiño |
-
Tere Abelleira, campioa do mundo con España tras derrotar a Inglaterra na final (1-0)
Por Almu Dapena |