Un ano con 'estrela' de campioa do Mundo para Tere Abelleira e o fútbol pontevedrés
Por Diego Espiño
A Selección Española Absoluta Feminina de Fútbol foi unha das grandes protagonistas do ano 2023, e con ela unha pontevedresa como Tere Abelleira, peza capital no equipo que logrou levantar o Mundial celebrado en Australia e Nova Zelandia gañando a 'estrela' na camiseta.
A centrocampista consegui facerse un sitio no once inicial da Selección desde o inicio do campionato, a pesar de vir dunha tempada algo irregular, sendo unha das xogadoras máis destacadas partido tras partido mentres crecía a ilusión e a expectación en todos os recunchos.
Así foi ata chegar a xogar a gran final fronte Inglaterra, que se decidiu cun gol de Olga Carmona e que se viviu con intensidade na Boa Vila grazas a unha pantalla xigante instalada nunha Praza da Ferrería a rebordar de afeccionados con camisetas do combinado nacional e pancartas de apoio cara á súa paisana. O reflexo dun imparable despegamento do fútbol feminino.
Despois chegarían merecidos homenaxes á súa volta a Pontevedra, aínda que lonxe de centrarse nun fito histórico no deportivo parte da atención desviouse cara ao desagradable bico non consentido que o presidente da Real Federación Española de Fútbol, Luis Rubiales, deulle á xogadora Jenni Hermoso durante a celebración do triunfo.
Foi un acto "intolerable", chegou a dicir Tere tras volver a casa afirmando que "estas condutas non representan os valores que quere transmitir o deporte, os meus propios nin os da sociedade que queremos e debemos construír entre todas, todos e todes".
A bóla de neve seguiu crecendo e terminou coa saída de Rubiales e a destitución do seleccionador Jorge Vilda, pero a polémica non terminou aí. As campioas do Mundo, entre elas Tere Abelleira, pedían cambios de calado na Federación e rexeitaban cun comunicado ser citadas na primeira convocatoria post-mundial con Montse Tomé ao mando. Con todo eran convocadas igualmente e debían acudir para non ser sancionadas. Finalmente tras horas de negociación e unha noite sen durmir chegábase a un principio de acordo.
As xogadoras iniciaban o camiño da UEFA Women's Nations League, a Liga de Nacións, na que a recompensa era pelexar pola clasificación para os Xogos Olimpicos. O que ninguén esperaba é que ese camiño, xa coas augas máis acougadas e falando "por fin" de fútbol levaría á Selección Española de Fútbol ata o Estadio Municipal de Pasarón de Pontevedra.
A Real Federación Galega de Fútbol chegaba a un acordo coa Española para que as campioas do Mundo xogasen o 1 de decembro na Boa Vila fronte a Italia, na mellor homenaxe posible á única galega integrante do equipo nacional.
O encontro disputouse cun cheo absoluto en Pasarón, aínda que precedido dunha polémica venda de entradas que levantou bochas, con máis da metade do aforo comprometido en preventa aos clubs femininos de toda Galicia e o cartel de 'non hai billetes' colgado en apenas minutos para desesperación e enfado de moitos afeccionados.
Finalmente puidéronse liberar a última hora 1.200 localidades, vendidas fisicamente na sede da Federación Galega nunha xornada de longas colas xunto ao estadio pontevedrés.
Toda unha tolemia recompensada polo vivido despois no campo, máis aló do resultado con derrota por 2-3, cunha Tere Abelleira convertida en espello de miles de nenas pontevedresas e galegas e que celebraba poder dicir "que xoguei no estadio da miña cidade".
Relacionadas:
-
Tere Abelleira celebra con España o título da Nations League
Por Diego Espiño |
-
Tere Abelleira, ás voltas co seu futuro: "Todo está por decidir, pero non pecho opcións a nada"
Por Diego Espiño |
-
Tere Abelleira, 'entre algodóns', apura as súas opcións de estar na fase final da Liga de Nacións
Por Diego Espiño |
-
España inicia a súa concentración pendente do estado físico de Tere Abelleira
Por Diego Espiño |
-
A clasificación para os Xogos Olímpicos, próximo reto para Tere Abelleira
Por Diego Espiño |
-
Tere Abelleira revisa a súa vida de "Campioa" na presentación do libro no Teatro Principal
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
EN IMAXES.- Pasarón vibra coas campioas do Mundo nunha cita para a historia
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Tere Abelleira: "Xa podo dicir que xoguei no estadio da miña cidade"
Por Almu Dapena |
-
A derrota de España fronte a Italia non embaza a festa do fútbol feminino en Pasarón
Por Almu Dapena & Mónica Patxot |
-
Unha noite sen durmir, sete horas de reunión e principio de acordo na Selección
Por Diego Espiño |
-
Tere Abelleira rexeita a convocatoria da Selección: "A RFEF non se atopa en disposición de esixirnos acudir"
Por Diego Espiño |
-
A conduta de Rubiales é "intolerable" e "no representa los valores que quiere transmitir el deporte" asegura Tere Abelleira
Por Oskar Viéitez |
-
Tere Abelleira: "Que ningún éxito das mulleres futbolistas e deportistas sexa manchado por ningún tipo de comportamento"
Por Almu Dapena |
-
Tere Abelleira: "Pontevedra es campeona del mundo y hay que celebrarlo"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Honras para España e para Tere Abelleira, "o auténtico metrónomo da Selección"
Por Diego Espiño |
-
Tere Abelleira, campioa do mundo con España tras derrotar a Inglaterra na final (1-0)
Por Almu Dapena |
-
VÍDEO.- Os pontevedreses apoian con todo a Tere Abelleira na final do Mundial
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |
-
A familia de Tere Abelleira, emocionada co Mundial: "Non son capaz de nin falar do contenta que estou"
Por Diego Espiño |