Tere Abelleira e o resto de internacionais acoden á convocatoria da Selección para evitar ser sancionadas
Por Diego Espiño
Con cara seria e sen facer declaracións. Así se presentou este martes Teresa Abelleira nun hotel próximo ao aeroporto Adolfo Suárez Madrid-Barajas para unirse á concentración da Selección Española Absoluta.
A deportista pontevedresa acudiu finalmente á chamada do equipo nacional, pese ao rexeitamento á mesma xunto á gran maioría de internacionais a través dun comunicado a última hora do luns. Fíxoo, todo indica, para evitar ser sancionada.
Non é un asunto menor, e é que segundo establece a Lei do Deporte do ano 2022 a falta de asistencia non xustificada ás convocatorias das seleccións deportivas nacionais é unha infracción cualificada como moi grave que pode supoñer unha inhabilitación de entre 2 e 15 anos, ademais dunha multa económica que oscilaría entre os 3.000 e os 30.000 euros.
Cabe lembrar que tras ser publicada a convocatoria as xogadoras que pedían cambios de maior calado na estrutura do fútbol feminino nacional, entre elas Abelleira, aseguraron que "o expresado no noso comunicado deixa claro e sen ningunha opción a outra interpretación nosa firme vontade de non ser convocadas por motivos xustificados. Estas afirmacións seguen plenamente vixentes", afirmando que a citación non se produciu en tempo e forma e entendendo que "a RFEF non se atopa en disposición de esixirnos acudir á mesma".
Con todo, para evitar un prexuízo ás súas carreiras deportivas, finalmente as futbolistas acudiron á chamada aínda que mantendo as súas discrepancias.
Tere Abelleira, do mesmo xeito que o resto de convocadas do Real Madrid e Atlético de Madrid sumáronse á concentración nun hotel da capital, mentres que o resto da expedición estaba chamada a facelo en Valencia.
Relacionadas:
-
Tere Abelleira, protagonista na previa da Nations League: "Por fin falamos de fútbol"
Por Diego Espiño |
-
Tere Abelleira, na lista da Selección para a xanela internacional previa a xogar en Pasarón
Por Diego Espiño |
-
España golea a Suíza (5-0) con Tere Abelleira como titular e fai pleno no arranque da Nations League
Por Diego Espiño |
-
Tere Abelleira, titular no debut con vitoria de Montse Tomé coa Selección ante Suecia (2-3)
Por Almu Dapena |
-
Unha noite sen durmir, sete horas de reunión e principio de acordo na Selección
Por Diego Espiño |
-
Tere Abelleira rexeita a convocatoria da Selección: "A RFEF non se atopa en disposición de esixirnos acudir"
Por Diego Espiño |
-
Tere Abelleira, incluída na esperada primeira lista de Montse Tomé na Selección Española Absoluta
Por Diego Espiño |
-
Pasarón, candidato a acoller en decembro un partido da Selección Española Absoluta Feminina
Por Diego Espiño |
-
A conduta de Rubiales é "intolerable" e "no representa los valores que quiere transmitir el deporte" asegura Tere Abelleira
Por Oskar Viéitez |
-
Tere Abelleira: "Que ningún éxito das mulleres futbolistas e deportistas sexa manchado por ningún tipo de comportamento"
Por Almu Dapena |
-
Tere Abelleira: "Pontevedra es campeona del mundo y hay que celebrarlo"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |