Empate fronte ao Arenteiro no cuarto partido de pretempada do Pontevedra (1-1)
Por Redacción
Cuarto compromiso de preparación na pretempada do Pontevedra Club de Fútbol, que este mércores nunha calorosa xornada vía as caras na localidade ourensá de Barbantes co CD Arenteiro, equipo recentemente ascendido a Primeira RFEF.
Chegaban á cita os granates aínda sen coñecer a vitoria este verán, tras as derrotas con Racing de Ferrol e Coruxo e o empate fronte ao Racing Villalbés, pero facíano convencidos de que as súas prestacións estaban a subir aos poucos.
Yago Iglesias apostou de novo por un once inicial con mestura de homes do primeiro equipo e futbolistas con ficha do filial. Así, saíron de inicio Manu Vizoso en portería; Ángel Bastos, Garay, Mario Gómez e Zabaleta en liña defensiva: Toño Calvo e Samu Mayo na medular; Álex González e Valentín nos costados; con Hugo Padín de enganche e Víctor Casais na punta de ataque.
Non empezou ben o choque para os pontevedreses, e é que aos 13 minutos de xogo o Arenteiro golpeou co 1-0, obra de Juan Delgado.
Pese ao golpe e á intensa calor, que mesmo propiciou unha pausa para hidratación, os granates seguiron competindo cun marcador axustado que non se movería ao descanso.
Tras o paso por vestiarios Yago relevou aos futbolistas con ficha do filial para deixar sobre o céspede a un equipo integramente formados por homes do primeiro plantel. Só Garay, Eneko Zabaleta e Bastos seguían no campo, entrando Edu Sousa, Churre, Borja Domínguez, Yelko, Charly, Barbeiro, Chiqui e Rufo. Un once que apuntaba máis, con matices, ao que se pode esperar para o inicio de liga.
A aposta deu resultados moi pronto, xa que pasados 10 minutos de xogo Churre lograba o empate cun potente disparo desde fóra da área. Ao marcador subía o 1-1 con máis de media hora de xogo aínda por diante.
Finalmente non houbo máis goles, o que deixa ao Pontevedra sen catar o triunfo na súa preparación, aínda que os granates empezan a mostrar unha cara de equipo aguerrido.
O sábado 12, fronte ao Compostela en Negreira, próxima oportunidade para seguir mellorando sensacións no seguinte partido amigable, que lle medirá ao que todo apunta será un dos seus rivais directos no campionato ligueiro.
Relacionadas:
-
O gol, un problema para o Pontevedra esta pretempada: "Non acabamos de afinar cara portería"
Por Almu Dapena |
-
Mario Gómez: "Cando asinas no Pontevedra non fai falta dicir cal é o obxectivo"
Por Diego Espiño |
-
Un final de mercado co Pontevedra pendente das fichas Sub-23
Por Diego Espiño |
-
Yago Iglesias, contento co traballo ante o Compostela: "A día de hoxe pode ser titular calquera"
Por Redacción |
-
Triunfo pola mínima do Pontevedra no amigable ante o Compostela
Por Redacción |
-
Charly López: "Os goles son cousas de todos, oxalá veñan pero non quero centrarme niso senón en facelo ben e axudar o equipo"
Por Diego Espiño |
-
Yago Iglesias, tras o empate co Arenteiro: "O que vimos no campo empézase parecer ao que queremos que sexa o Pontevedra"
Por Diego Espiño |
-
Activada a venda en liña na campaña de socios do Pontevedra, que supera o milleiro de abonados
Por Diego Espiño |
-
Yago Iglesias, tras o amigable ante o Villalbés: "Seguimos en construción"
Por Redacción |
-
O Pontevedra cede un empate no último minuto contra o Racing Villalbés, pero gaña nos penaltis (1-1)
Por Redacción |
-
Rufo: "Aínda teño moita guerra que dar"
Por Manu Otero |
-
Yago Iglesias, satisfeito a pesar da derrota contra o Coruxo: "Esta é a liña"
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra sofre unha nova derrota no seu segundo test de pretempada (1-0)
Por Manu Otero |
-
A tenda de Pasarón xa vende as novas camisetas do Pontevedra
Por Manu Otero |
-
Os dorsais do novo Pontevedra, ao descuberto tras o primeiro amigable estival
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra desínflase tras o descanso ante un Racing de Ferrol máis rodado (1-5)
Por Redacción |