Organizan unha viaxe gratuíta en autobús para apoiar o Pontevedra en Talavera
Por Redacción
A catro xornadas para o final da liga e con catro puntos de desvantaxe coa zona de salvación, o Pontevedra Club de Fútbol está xogándose o futuro. O triunfo da pasada fin de semana contra o Sanse reavivou as opcións de permanencia, pero todo pasa agora por volver sumar de tres fóra da casa.
Con este panorama aparece no horizonte un duelo vital, o que medirá aos grantes o vindeiro domingo 7 de maio ás 12.00 horas co actual último clasificado, o CF Talavera, no Estadio Municipal El Prado, e desde o club pontevedrés púxose ao dispor dos seus afeccionados un desprazamento de balde en autocar.
Grazas á achega de tres empresas colaboradoras como San Marcos, Frigoríficos de Pontevedra e Talleres Hemicar os seguidores que queiran sumarse á viaxe só terán que desembolsar o custo da entrada.
Os prezos para o partido, na bancada destinada para a afección visitante (Fondo Virgen del Prado), son de 15 euros para o público adulto e de 10 euros para o infantil, podendo adquirise os billetes a través da páxina web do Talavera.
O autobús de afeccionados ten prevista a súa saída ás 3.00 horas da madrugada do propio domingo desde o Pavillón Municipal dos Deportes para regresar tras o encontro, sendo posible reservar praza nas oficinas do Estadio Municipal de Pasarón ata as 19.00 horas do xoves.
VIAXA COA MAREA GRANATE A TALAVERA
— Pontevedra CF (@PontevedraCFSAD) May 1, 2023
Autobús de balde cortesía de Frigoríficos de Pontevedra SL, Talleres Hemicar SLU e San Marcos
Reserva a túa plaza nas oficinas de Pasarón de martes a xoves en horario de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 pic.twitter.com/xN3XsmFHl9
Relacionadas:
-
Un Pontevedra sen ambición naufraga en Talavera e deixa escapar o tren da permanencia (4-2)
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra, obrigado a gañar o pechacancelas no "partido máis difícil de todos"
Por Manu Otero |
-
As lesións deixan o Talavera sen laterais para recibir o Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Brais Abelenda adéstrase con normalidade e apunta á 'final' de Talavera
Por Diego Espiño |
-
Terceira semana de 'lei do silencio' no Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
A dobre cara do Pontevedra de Señor: números de ascenso en Pasarón e de pechacancelas a domicilio
Por Diego Espiño |
-
Remonta do Pontevedra diante do Sanse para avivar a esperanza da permanencia (2-1)
Por Manu Otero |