O Cisne sucumbe ante o Cangas nunha agónica final da Copa Galicia (35-34)
Por Redacción
Final de infarto a vivida no Gatañal entre o Cangas Frigoríficos do Morrazo e o Club Cisne Balonmano, dignos merecedores da Supercopa Galicia demostrando gran intensidade durante todo o partido.
O duelo foi un intercambio de golpes continuo. Comezou o Cangas cun parcial de 3- 0, pero enseguida remontou o Cisne para poñerse por diante e obrigar a Nacho Moyano a pedir tempo morto para frealos (6-8, min. 11).
Así continuou o choque, co Cisne chegando a irse de tres antes do descanso (14- 17, min. 24), pero co conxunto local, co apoio da Marea, recortando distancias para quedar a só un tanto no descanso (18-19).
Os erros foron a tónica durante o comezo da segunda metade, aínda que eran os de Pontevedra os máis efectivos de cara a portería e iso se reflexaba no marcador (24-27, min. 42).
Con todo, a grada arropou aos locais e comezou a remontada do Cangas, que chegou con tres tantos arriba aos cinco últimos minutos tres tantos arriba (33-30, min. 55).
Pero se de algo se caracteriza o Cisne é de non renderse e pelexou ata o bocinazo final chegando a quedarse a un gol do empate. Apretou ata o último suspiro, roubando o balón a falta dun segundo, pero sen tempo para lanzar, polo que foi o Cangas Frigoríficos do Morrazo o que se proclamou campión da Supercopa de Galicia por segundo ano consecutivo.
FRIGORÍFICOS DO MORRAZO (35): Javi Díaz, Moisés Simes (10), Rubén Soliño (1), Juan Carlos Quintas, Gabi Chaparro, Doforean, Mario Dorado (7), Gerard Forns, Juan del Arco (5), Santiago López (3), Jenilson Monteiro (3), Lucas Aizén (6).
CLUB CISNE BALONMANO (34): Bruno Vázquez (5), Carlos Álvarez (5), Alex Chan (8), Carlos Morales, Martín Santos (4), Javier Vázquez, Gabriel de Oliveira (3), Iván Calvo, Kilian Garajonay, Carlos Pombo (5), Denis Iglesias (1), Alejandro Conde, Daniel López, Mateo Arias (3), Marko Ojeda, Roney Bengivenga.
Árbitros: Pablo Manuel Barreiro y Christian García. Excluíron dous minutos a Moisés Simes (2), Juan Carlos Quintas, Mario Dorado e Juan del Arco (Frigoríficos do Morrazo) e Alex Chan, Martín Santos, Gabriel de Oliveira, Iván Calvo (2) e Alejandro Conde, polo Cisne.
Parciais: 3-2, 6-7, 10-12, 13-13, 15-17, 18-19 (descanso), 20-21, 23-26, 26-27, 28-28, 32-30, 35-34 (final).
Incidencias: Final da SuperCopa Galicia masculina, celebrada no Gatañal. Magnífica entrada. Brais González (BM Cangas), MVP da final.
Relacionadas:
-
O mellor balonmán regresa a Pontevedra cun Cisne disposto a dar a badalada
Por Redacción |
-
O Cisne redebuta en Liga Asobal este sábado contra o Anaitasuna de Quique Domínguez
Por Redacción |
-
O Cisne supera o Atlético Novás e xa é finalista da Copa Galicia (26-21)
Por Redacción |
-
Un tridente para agarrar a permanencia en Asobal
Por Redacción |
-
A Liga Asobal xa ten folla de ruta para o Cisne, que debutará o 3 de setembro fronte ao Anaitasuna
Por Diego Espiño |
-
Todos os partidos do Cisne en Asobal poderanse ver en LaLigaSportsTV
Por Redacción |