A Liga Asobal xa ten folla de ruta para o Cisne, que debutará o 3 de setembro fronte ao Anaitasuna
Por Diego Espiño
A sede do Consello Superior de Deportes (CSD) foi escenario este martes do sorteo do calendario para a nova tempada da Liga Asobal de balonmán, na que estará presente o Cisne.
O club pontevedrés xa coñece que camiño espéralle no seu novo asalto á elite, empezando o 3 de setembro coa visita á cancha do Anaitasuna navarro.
¡Este es elde la Jornada de la #LigaASOBAL!
— ASOBAL (@ASOBAL) August 9, 2022
Derbi catalán @FCBhandbol @BMGranollers
@Garabaya debutará como técnico de @bmSinfin en la pista de @CdadLogrono
¡Lo podrás ver TODO en @LaLigaSportsTV!
¡Arrancamos el 3 de septiembre! pic.twitter.com/gMfe68RjXL
Tal e como solicitara polas obras que se están levando a cabo no Pavillón Municipal dos Deportes, esa primeira xornada de liga disputarase lonxe de Pontevedra.
Con todo os dous seguintes partidos do Cisne serán ante a súa afección, o 10 de setembro recibindo o Benidorm e o 17 de setembro facendo o propio co Balonmán Sinfín.
En canto ao resto de datas importantes, os derbis de rivalidade provincial co Cangas terán lugar na xornada 10 (12 de novembro) no Gatañal e na xornada 25 (15 de abril) en Pontevedra.
Pola súa banda outra data sinalada no calendario será a visita á Boa Vila do todopoderoso FC Barcelona, algo que se producirá o 26 de novembro (xornada 13).
A Liga Asobal, que vivirá un parón competitivo no mes de xaneiro pola celebración do Mundial, finalizará o 3 de xuño cun compromiso a domicilio para o Cisne, na cancha do BM Logroño.
Consulta aquí o calendario completo da Liga Asobal 2022/2023.
Relacionadas:
-
Os nervios e a precipitación condenan ao Cisne no seu redebut en Asobal contra Anaitasuna (32-29)
Por Almu Dapena |
-
O Cisne sucumbe ante o Cangas nunha agónica final da Copa Galicia (35-34)
Por Redacción |
-
O Cisne gaña o Xiria e avanza a semifinais da Copa Galicia (28-37)
Por Redacción |
-
O Cisne supera a Oviedo e Amenabar Zarautz nun triangular de pretempada
Por Redacción |
-
O portugués Gabriel Cavalcanti chega ao Cisne como cedido
Por Diego Espiño |
-
O Cisne empata contra o ABC Braga no seu segundo test de pretempada (35-35)
Por Redacción |
-
Vitoria en Portugal para o Cisne no seu primeiro amigable da pretempada
Por Redacción |
-
Todos os partidos do Cisne en Asobal poderanse ver en LaLigaSportsTV
Por Redacción |
-
'Volvemos para quedar', campaña de socios do Cisne no seu retorno á Liga Asobal
Por Diego Espiño |
-
O Cisne, recibido en Santiago polo vicepresidente da Xunta Diego Calvo
Por Redacción |
-
O novo Cisne de Márquez inicia a carreira pola permanencia
Por Manu Otero & Mónica Patxot |
-
Álex Chan non baixa do barco do Cisne e tamén seguirá co equipo en Asobal
Por Redacción |