A fichaxe do porteiro sub 23 Viktor Nikolov desbloquea a inscrición de Jon Bakero
Por Manu Otero
Nova incorporación nas filas do Pontevedra. O gardameta búlgaro Viktor Nikolov, de 21 anos, firma polo club granate por dúas tempadas.
O porteiro procede do Xetafe B, no que o pasado curso disputou 27 partidos como titular na Terceira RFEF madrileña. Antes de chegar ao cadro azulón, o búlgaro defendera as cores do Socuéllamos, Elxe e Alboraya.
No seu único ano na capital madrileña, o cérbero Viktor Nikolov realizou a pretemporada co primeiro equipo do Xetafe e exerceu durante toda a tempada como terceiro porteiro do conxunto de Primeira División. Con todo, nunca chegou a debutar en partido oficial.
No seu currículo figura tamén varias convocatorias coa selección sub 21 de Bulgaria.
Nikolov, que chega a Pontevedra co obxectivo de disputarlle o posto baixo paus a Pablo Cacharrón e a Álvaro Cortés, destaca pola súa gran envergadura física e a súa impoñente altura, mide 188 centímetros.
A incorporación dun terceiro porteiro sub 23 á disciplina granate era necesaria para poder inscribir a Jon Bakero, posto que o Pontevedra tiña xa asignadas as 17 fichas sénior. Este ano, a RFEF permite ampliar o tamaño do persoal a 24 xogadores, sempre que tres deles sexan porteiros, sen importar que sexan sénior ou sub 23. Con esta fichaxe, a dirección deportiva aproveita esta excepción para poder contar cunha ficha sénior adicional, que é a que ocupará o atacante procedente da liga búlgara.
OFICIAL | Viktor Nikolov, novo xogador do Pontevedra CF
— Pontevedra CF (@PontevedraCFSAD) August 26, 2022
O xoven gardameta búlgaro de 21 anos chega procedente do @GetafeCF B
Contrato ata 2024
Anteriormente xogou nas categorías inferiores de UD Socuéllamos, Elche e Alboraya UD.#IzandoVelas #HaiQueRoelo pic.twitter.com/5709Qn2tYA
Relacionadas:
-
Viktor Nikolov, terceiro porteiro do Pontevedra, lesionado durante un adestramento
Por Redacción |
-
O Pontevedra afronta o último día de mercado con tres fichas sub 23 sen dono
Por Manu Otero |
-
O Pontevedra leva á súa equipación o principal símbolo da cidade: a Peregrina
Por Manu Otero |
-
O Pontevedra agarda a un Alcorcón "aspirante a campeón" con todos os seus reforzos dispoñibles
Por Manu Otero |
-
Arrancada final nas oficinas de Pasarón para expedir abonos antes do inicio da liga
Por Manu Otero |
-
O plantel "máis caro" da era Lupe Murillo encoméndase á Peregrina para lograr "unha permanencia, un playoff ou un ascenso"
Por Manu Otero & Cristina Saiz |
-
O Pontevedra fai oficial a fichaxe de Jon Bakero por dúas tempadas
Por Manu Otero |