O Pontevedra leva á súa equipación o principal símbolo da cidade: a Peregrina
Por Manu Otero
Era un dos anuncios máis esperados pola afección e unha das presentacións que máis se atrasou para desesperación dos coleccionistas. Pero chegaron a tempo para o debut en Primeira Federación, o Pontevedra estreará a equipación oficial da nova tempada este domingo contra o Alcorcón.
A cor granate, como non podía ser doutro xeito, raíña na camiseta da primeira equipación. Mentres que este ano, o conxunto de Pasarón recupera o branco para a zamarra suplente.
Pero a cor non é o máis rechamante desta equipación que volve fornecer a marca Hummel. O principal atractivo que presentan as camisetas do Pontevedra está na presenza dun dos principais símbolos e monumentos da cidade como é o santuario da Virxe Peregrina. Tanto na camiseta granate como na branca, pode verse a silueta desta igrexa na parte baixa do frontal da camiseta.
Na parte traseira, irá o nome e dorsal de cada un dos xogadores en cor branca e en gran tamaño para que poidan verse a distancia,
Ambos as equipacións compleméntanse cun pantalón branco con detalles granates, no caso do uniforme titular; e pantalón granate con reclamos brancos, para a segunda.
Os xogadores estrearán este equipación o domingo e os afeccionados que desexen facerse cunha camiseta poderán visitar a tenda oficial do club o domingo a partir das 18.30 horas para facerse cunha.
O prezo das camisetas é de 50 euros para os socios e 55, para non socios.
Que vos parecen as nosas novas equipacións?
— Pontevedra CF (@PontevedraCFSAD) August 26, 2022
Levaremos as nosas cores e representaremos a nosa cidade ao longo de toda España
55€ no socio / 50€ socios#IzandoVelas #HaiQueRoelo pic.twitter.com/t4xWhVXeaw
Relacionadas:
-
O Pontevedra, a por a súa quinta tempada vestindo a marca Hummel
Por Diego Espiño |
-
Un atrevido Pontevedra deixa un bo sabor de boca no arranque ligueiro contra o Alcorcón (1-1)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O quinteto de Antonio Fernández
Por Manu Otero |
-
A fichaxe do porteiro sub 23 Viktor Nikolov desbloquea a inscrición de Jon Bakero
Por Manu Otero |
-
O Pontevedra agarda a un Alcorcón "aspirante a campeón" con todos os seus reforzos dispoñibles
Por Manu Otero |
-
Arrancada final nas oficinas de Pasarón para expedir abonos antes do inicio da liga
Por Manu Otero |