Ana Carbón renova o seu compromiso co Bádminton Ravachol
Por Redacción
O Club Bádminton Ravachol Pontevedra asegura a continuidade dunha das pezas indispensables nos últimos anos no seu proxecto deportivo, Ana Carbón.
Aos seus 22 anos a xogadora estradense é xa toda unha veterana no equipo, ao que chegou en Segunda Nacional e con quen foi subindo banzos ata a máxima categoría, a División de Honra. Non en balde tras a súa renovación a próxima será a súa sexta campaña no Ravachol.
Nestes anos disputou un total de 85 partidos coa camiseta do club pontevedrés, dos cales 57 terminaron en vitoria.
"Estou feliz de seguir outro ano no equipo, gozando do meu deporte e sumando experiencias, espero seguir achegando puntos e axudar a que o club consiga os seus obxectivos", sinalou Carbón tras confirmarse a súa renovación.
Pola súa banda o director deportivo do Ravachol, Jesús Pereiro, valorou a continuidade de Ana Carbón como algo "fundamental. É na xogadora que está connosco desde o primeiro día deste proxecto, e é un orgullo seguir contando con eses xogadores que estiveron desde o principio e viron crecer ao club, porque non só seguen achegando sobre a pista, senón que saben o que custou chegar ata aquí, e transmítenlle os seus valores aos novos, o que enriquece moito ao equipo", asegurou.
Relacionadas:
-
O Bádminton Ravachol supera o Benalmádena no CGTD tras un partido igualado (4-3)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Leo Van Gysel e Emilie Drouin poñen acento francés ao novo proxecto do Bádminton Ravachol
Por Redacción |
-
O Ravachol Pontevedra confirma seis renovacións e agarda dúas fichaxes estranxeiras
Por Redacción |
-
Ouro no Europeo júnior de bádminton co selo do CGTD
Por Manu Otero |
-
O Bádminton Ravachol perde a Ania Setién e renova aos irmáns Gabriel e Jacobo Fernández
Por Redacción |
-
Renovación de "unha peza clave no equipo" do Bádminton Ravachol, a británica Georgina Bland
Por Redacción |
-
Manuel Brea, primeira pedra do novo proxecto do Bádminton Ravachol
Por Redacción |
-
O Ravachol, un ano máis na elite do bádminton nacional: derrota o Ibiza pola permanencia
Por Alejandro Espiño |