Ana Carbón renova o seu compromiso co Bádminton Ravachol
Por Redacción
O Club Bádminton Ravachol Pontevedra asegura a continuidade dunha das pezas indispensables nos últimos anos no seu proxecto deportivo, Ana Carbón.
Aos seus 22 anos a xogadora estradense é xa toda unha veterana no equipo, ao que chegou en Segunda Nacional e con quen foi subindo banzos ata a máxima categoría, a División de Honra. Non en balde tras a súa renovación a próxima será a súa sexta campaña no Ravachol.
Nestes anos disputou un total de 85 partidos coa camiseta do club pontevedrés, dos cales 57 terminaron en vitoria.
"Estou feliz de seguir outro ano no equipo, gozando do meu deporte e sumando experiencias, espero seguir achegando puntos e axudar a que o club consiga os seus obxectivos", sinalou Carbón tras confirmarse a súa renovación.
Pola súa banda o director deportivo do Ravachol, Jesús Pereiro, valorou a continuidade de Ana Carbón como algo "fundamental. É na xogadora que está connosco desde o primeiro día deste proxecto, e é un orgullo seguir contando con eses xogadores que estiveron desde o principio e viron crecer ao club, porque non só seguen achegando sobre a pista, senón que saben o que custou chegar ata aquí, e transmítenlle os seus valores aos novos, o que enriquece moito ao equipo", asegurou.