Manuel Brea, primeira pedra do novo proxecto do Bádminton Ravachol
Por Redacción
O Club Bádminton Ravachol Pontevedra comeza a perfilar a nova tempada, na que seguirá por terceiro ano consecutivo en División de Honra, coa renovación do "noso xogador franquía" Manuel Brea, que cumprirá a súa quinta tempada na disciplina do cadro pontevedrés.
Aos seus 25 anos, o xogador estradense volverá ser un dos piares dun equipo no que foi titular indiscutible desde a súa chegada no 2018. Desde entón destacou ata converterse no xogador que máis partidos disputou coa camiseta do primeiro equipo, un total de 98 dos que 69 foron vitorias.
"Estou moi contento de poder seguir achegando ao equipo, e con moitas ganas de empezar a tempada" comentou tras a pechar a súa renovación.
Pola súa banda, o director deportivo do equipo, Jesús Pereiro, defende que Brea "é unha peza crave deste equipo, e seguro que nos seguirá dando moitas alegrías. A liga de División de Honra é un reto moi duro e require grandes esforzos, pero estamos a traballar en completar un persoal o máis competitiva posible".
Relacionadas:
-
Un renovado Bádminton Ravachol cede pola mínima en Oviedo (4-3)
Por Redacción |
-
Ana Carbón renova o seu compromiso co Bádminton Ravachol
Por Redacción |
-
O Bádminton Ravachol perde a Ania Setién e renova aos irmáns Gabriel e Jacobo Fernández
Por Redacción |
-
Renovación de "unha peza clave no equipo" do Bádminton Ravachol, a británica Georgina Bland
Por Redacción |
-
O Ravachol, un ano máis na elite do bádminton nacional: derrota o Ibiza pola permanencia
Por Alejandro Espiño |