As seleccións galegas sub 14 e sub 16, directas a semifinais do nacional
Por Redacción
A selección galega sub 16 tamén xogará a semifinal do nacional despois de superar este domingo á Comunidade Valenciana por 1-2 no Manolo Barreiro. Desta forma, únense aos galegos sub 14 e pelexarán este martes por ter unha praza na gran final do campionato.
Os xogadores de David Páez realizaron unha impecable primeira metade que se saldou cun 0-1 grazas a un gol de Jacobo Folgar no minuto 20 tras un centro de Manu Ferreiro.
No segundo acto, Galicia puxo terra de por medio co tanto de Miguel Conde, deixando máis de cara a eliminatoria.
Repuxéronse do golpe os valenciáns recortando distancias, pero os galegos aguantaron para sumar tres puntos que supoñen o pase a semifinais.
Pola súa banda, a sub 14 caeu derrotada ante Andalucía por 1-3 na terceira e última xornada da fase de grupos e accede como segunda de grupo ás semifinais.
O cadro andaluz marchouse ao descanso mandando no marcador 1-2 grazas a un dobrete de Alexis Ciria, o primeiro á saída dun córner e o segundo de penalti. Janusz Florek recortó distancias para Galicia cando se cumpriu a media hora de xogo.
Despois do intermedio, os galegos tiveron numerosas ocasións para empatar o encontro, pero foi de novo Alexis Ciria o que apareceu para anotar un hat-trick que dejaba sentenciado o partido.
O encontro estivo marcado pola lesión do capitán Pedro Villar, que sufriu unha fractura de cúbito e radio na recta final do partido.
As semifinais entre Galicia e Cataluña sub 14 disputaranse o martes 21 ás 12:00 horas no Manolo Barreiro.
Relacionadas:
-
Galicia Sub-16, á final do Campionato de España tras golear a Cataluña na Xunqueira
Por Redacción |
-
A selección sub 14 avanza a semifinais do nacional e a sub 16 o xogará contra a Comunidade Valenciana este domingo
Por Redacción |
-
As seleccións galegas sub 14 e sub 16 inician con vitoria e empate a súa andaina no nacional
Por Redacción |
-
As seleccións galegas sub 14 e sub 16 debutan este venres contra Valencia e Andalucía
Por Mónica Patxot & Manu Otero |
-
Todo listo en Pontevedra para recibir ás mellores seleccións autonómicas sub 14 e sub 16
Por Redacción |