Todo listo en Pontevedra para recibir ás mellores seleccións autonómicas sub 14 e sub 16
Por Redacción
A cidade de Pontevedra xa conta as horas para converterse no epicentro do fútbol base nacional co gallo da disputa da fase final do Campionato de España sub 14 e sub 16 masculinas de seleccións autonómicas. A cita celebrarase do 17 ao 22 de xuño en varios campos da capital do Lérez e da súa comarca.
Galicia loitará polo título nacional coas súas dúas seleccións no Grupo Ouro tras rubricar o billete na primeira fase que se disputou recentemente en Asturias. Tanto o combinado sub 14 que dirixe Jesús López como a sub 16 de David Páez loitarán polo Campionato de España como anfitrións.
Ata Pontevedra desprazaranse nesas datas un total de 38 seleccións (19 en cada categoría) e máis de mil participantes, co impacto que estas cifras supoñerán para todos os sectores da cidade do Lérez.
Os partidos disputaranse os días 17, 18 e 19 de xuño entre as 10 e 19 horas nos campos de Manolo Barreiro (Pontevedra), O Carrasco (Marcón), A Seca (Poio), Príncipe Felipe (Pontevedra), Monteporreiro (Pontevedra).
As semifinais da Fase Ouro disputarase o día 21 no campo Manolo Barreiro; mentres que as da fase prata terán lugar en Marcón, onde se disputará tamén a final ao día seguinte.
As finais da fase Ouro están previstas para o día 22 nunha sede aínda por confirmar.
Relacionadas:
-
O Manolo Barreiro vibra cunha remontada de ouro de Galicia na final do Campionato de España Sub-16
Por Redacción |
-
Galicia Sub-16, á final do Campionato de España tras golear a Cataluña na Xunqueira
Por Redacción |
-
Cataluña deixa a Galicia sen final no Campionato de España Sub-14 de Pontevedra
Por Redacción |
-
As seleccións galegas sub 14 e sub 16, directas a semifinais do nacional
Por Redacción |
-
A selección sub 14 avanza a semifinais do nacional e a sub 16 o xogará contra a Comunidade Valenciana este domingo
Por Redacción |
-
As seleccións galegas sub 14 e sub 16 inician con vitoria e empate a súa andaina no nacional
Por Redacción |
-
As seleccións galegas sub 14 e sub 16 debutan este venres contra Valencia e Andalucía
Por Mónica Patxot & Manu Otero |
-
Sorteada a fase final do Campionato de España Sub-14 e Sub-16 de fútbol que se celebrará en Pontevedra
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Designan Pontevedra como sede do Campionato de España de Fútbol sub 14 e 16 de Seleccións Autonómicas
Por Redacción |