A selección sub 14 avanza a semifinais do nacional e a sub 16 o xogará contra a Comunidade Valenciana este domingo
Por Redacción
Día de celebración para as seleccións galegas de fútbol sub 14 e sub 16, que firmaron dous triunfos de ouro na segunda xornada do Campionato de España de Seleccións Autonómicas que se está disputando en Pontevedra.
Os anfitrións da categoría sub 14 asinaron a súa clasificación matemática para as semifinais da fase final do nacional tras superar a Asturias por 0-2, mentres que os sub 16 superaron a Baleares por 1-0 para seguir á fronte da clasificación e estar a un paso do obxectivo.
Os galegos sub 14 saíron con todo e meteron a directa desde o inicio, noqueando ao seu rival nos primeiros 20 minutos. Encarrilaron moi pronto o partido, de feito, nos primeiros dez minutos, Paulo Fernández xa anotaba o seu dobrete e servía en bandexa á vitoria ao seu equipo.
Coa vantaxe no marcador, o combinado adestrado por Jesús López mantivo a posesión do esférico e meteu aos asturianos no campo propio, deixándoos sen ningún tipo de opción.
Se ben tralo paso polos vestiarios o partido perdeu intensidade en canto a ocasións, Galicia foi quen de manter o resultado e sellar o seu billete para as semifinais.
Con esta vitoria, Galicia sub 14 suma seis puntos de seis posibles e este domingo ás 12:00 horas xogarase a primeira praza do grupo ante Andalucía no Manolo Barreiro.
Xa na tarde chegou a quenda dos sub 16 contra as Illas Baleares, aos que superaron pola mínima cun gol de Ángel Arcos na primeira metade.
Galicia monopolizou a posesión do coiro durante a primeira parte, aínda que tampouco dispuxo de claras ocasións salvo o gol anotado no minuto 27, obra de Ángel Arcos. O futbolista do RC Celta rematou de primeiras un centro desde a banda dereita de Manu Ferreiro para desequilibrar a balanza.
Tras o descanso, os locais foron na procura do segundo, pero non estiveron precisos no último cuarto de campo. Baleares, pola súa banda, dispuxo de dúas chegadas para empatar o encontro, pero apareceu Yago Moreira para evitar o tanto rival.
Grazas a esta vitoria, Galicia lidera o seu grupo a falta dunha xornada para que remate a fase de grupos. Os galegos xogaranse a clasificación para as semifinais este domingo ás 17:00 horas no Manolo Barreiro ante a Comunidade Valenciana.
Relacionadas:
-
O Manolo Barreiro vibra cunha remontada de ouro de Galicia na final do Campionato de España Sub-16
Por Redacción |
-
Galicia Sub-16, á final do Campionato de España tras golear a Cataluña na Xunqueira
Por Redacción |
-
Cataluña deixa a Galicia sen final no Campionato de España Sub-14 de Pontevedra
Por Redacción |
-
As seleccións galegas sub 14 e sub 16, directas a semifinais do nacional
Por Redacción |
-
As seleccións galegas sub 14 e sub 16 inician con vitoria e empate a súa andaina no nacional
Por Redacción |
-
Todo listo en Pontevedra para recibir ás mellores seleccións autonómicas sub 14 e sub 16
Por Redacción |
-
Sorteada a fase final do Campionato de España Sub-14 e Sub-16 de fútbol que se celebrará en Pontevedra
Por Redacción & Mónica Patxot |