Destacada presenza do Club Voleibol Pontevedra nas categorías inferiores da selección galega e campionatos autonómicos
Por Redacción
A canteira do Club Voleibol Pontevedra non deixa de dar agradables sorpresas. Catro xogadoras acaban de ser citadas polas seleccións galegas de categoría infantil e cadete para disputar en Madrid o SprIng Thophy. Ademais, os equipos alevín masculino, alevín feminino e cadete feminino clasificáronse tamén para os campionatos acutonómicos das súas respectivas categorías.
Entre as citadas para disputar o campionato de primavera na capital do Estado atópanse as infantís Mar Gómez e Alexandra Castro, así como as cadetes Inés Ignacio e Noelia Gores.
Os xogadores convocados realizarán unha concentración en Madrid os días 16 e 17 de abril, datas nas que se celebrará o campionato contra as seleccións autonómicas da capital no pavillón da Canle de Isabel II.
Doutra banda, os tres conxuntos clasificados para o torneo autonómico, que se disputará os días 7 e 8 de maio para os alevíns e unha semana máis tarde para os infantís, márcanse como obxectivo conseguir o título, que lles daría a clasificación para participar nos campionatos de España e serviría para demostrar a fortaleza da base do club, que é o principal obxectivo da entidade.
Relacionadas:
-
O Multiusos da Xunqueira, sede da fase final da Copa Galicia masculina e feminina de voleibol
Por Redacción |
-
A Federación Española fíxase en Sara Ignacio, xogadora do Voleibol Pontevedra
Por Redacción |
-
O Torneo Intercampus reúne máis de 200 deportistas en Pontevedra
Por Redacción |
-
Inés Areán, do Club Voleibol Pontevedra, subcampioa de España coa selección galega infantil
Por Redacción |
-
Recepción ao equipo cadete do Voleibol Pontevedra tras o 14º posto no Campionato de España
Por Redacción |