Recepción ao equipo cadete do Voleibol Pontevedra tras o 14º posto no Campionato de España
Por Redacción
Para un club como Voleibol Pontevedra poder competir no Campionato de España é toda unha oportunidade, e é o que fixo recentemente co seu equipo cadete feminino, que vén de conseguir o 14º posto no campionato nacional.
Ese resultado motivou unha recepción no Concello por parte do edil de Deportes, Tino Fernández, que destacou "o valor deste fito para un deporte que se vai consolidando na nosa cidade e que vai tendo cada vez máis xogadores e seguidores".
As xóvenes deportistas estiveron acompañadas polos seus dous adestradores, Patricia Valcárcel e José Antonio Ramírez, recoñecendo este último que foi "unha experiencia agridoce, xa que esperaba un posto mellor".
A pesar de todo "é un bo logro, xa que había moito nivel", completou Valcárcel, ao supoñer unha gran experiencia para as xogadoras.
Á marxe de éxito que supuxo clasificarse para o Nacional, varias deportistas do Voleibol Pontevedra foron seleccionadas para participar con Galicia no Campionato de España por Autonomías que se celebrará do 15 ao 18 de xullo.
Relacionadas:
-
Destacada presenza do Club Voleibol Pontevedra nas categorías inferiores da selección galega e campionatos autonómicos
Por Redacción |
-
Inés Areán, do Club Voleibol Pontevedra, subcampioa de España coa selección galega infantil
Por Redacción |
-
Un sorteo para custear a participación do Voleibol Pontevedra no Campionato de España
Por Redacción |
-
O equipo cadete do Voleibol Pontevedra, rumbo ao Campionato de España
Por Redacción |