O equipo cadete do Voleibol Pontevedra, rumbo ao Campionato de España
Por Redacción
O equipo cadete feminino do Club Voleibol Pontevedra terá recompensa ao seu traballo acudindo ao Campionato de España da súa categoría.
O conxunto pontevedrés chegaba á última xornada da liga na Primeira División Galega dependendo de si mesmo para conseguir o primeiro posto, aínda que para iso debían vencer por 3-0 ou 3-1 ao Calasancias Coruña.
Foi un partido, iso si, non exento de emoción, e é que o Voleibol Pontevedra perdeu o primeiro set por 25-27.
Non había máis marxe para o erro, pero conseguiron a remontada para proclamarse campioas.
Tras este éxito disputarán o próximo Campionato Galego o 22 de maio e en xuño estarán presentes no Campionato de España, para o que se clasifican de maneira directa.