O Multiusos da Xunqueira, sede da fase final da Copa Galicia masculina e feminina de voleibol
Por Redacción
A trixésimo novena edición da Copa Galicia de Voleibol celebrarase o vindeiro día 17 de setembro no Pavillón Multiusos da Xunqueira en Pontevedra.
Informa a Federación Galega de Voleibol, que a novidade deste ano está en que tanto a competición masculina como feminina desenvolveranse ao longo dun único día. O obxectivo é concentrar ao mellor voleibol galego no pavillón pontevedrés para o goce de toda a afección que se desprace dende toda Galicia a animar aos seus clubs.
Os catro equipos clasificados para esta edición loitarán polo título ao longo do sábado 17, estando programadas as semifinais de forma simultánea para as 10 horas na categoría feminina e ás 12 para a masculina. A quenda de tarde estará reservada para as finais, sendo estas ás 17 e 19 horas respectivamente, terminando coa entrega de trofeos.
A Federación Galega de Voleibol agradece a colaboración da Deputación de Pontevedra, o Concello de Pontevedra e o seu Servizo de Deportes, así coma ao club local o CV Pontevedra, que fixeron posible a celebración deste evento na localidade e que dará o pistoletazo de saída á temporada de voleibol pista 2022/2023.
Nas semifinais femininas enfrontaranse o Arenal Emevé (Lugo) contra o CDPF Calasancias (A Coruña), así como o Autos Cancela Zalaeta (A Coruña) contra o Aceites Abril Voleyourense (Ourense). No cadro masculino os enfrontamentos son Rotogal Boiro Voleibol (Boiro) contra Club Voleibol Vigo e Aldebarán San Sadurniño contra Dumbría Volei (Dumbría).
Relacionadas:
-
Presentada a "festa do voleibol galego" que acollerá o Multiusos da Xunqueira
Por Redacción |
-
A Federación Española fíxase en Sara Ignacio, xogadora do Voleibol Pontevedra
Por Redacción |
-
Destacada presenza do Club Voleibol Pontevedra nas categorías inferiores da selección galega e campionatos autonómicos
Por Redacción |