O Torneo Intercampus reúne máis de 200 deportistas en Pontevedra
Por Redacción
Preto de 220 deportistas, alumnos da Universidade de Vigo, participaron ao longo deste xoves no Torneo Intercampus, fase final das ligas universitarias que se desenvolven nos tres campus da institución académica.
A cita celebrouse nesta ocasión en Pontevedra recuperándose tras a suspensión ocasionada o pasado ano pola covid, e contou con cinco modalidades deportivas.
O Pavillón Universitario foi sede do torneo de baloncesto feminino e masculino, ademais do fútbol sala. Pola súa banda o campo da Xunqueira acolleu a competición de fútbol, o Multiusos a de voleibol e o campo de Monte Porreiro a de rugby-7.
Tras esta fase final da Universidade de Vigo, a seguinte cita do deporte universitario terá lugar no o Campionato Galego de deportes colectivos previsto na Coruña os días 17, 22 e 23 de marzo.