O Llanera reduce ao Pontevedra (1-0)
Por Manu Otero
Amargo desprazamento granate a terras asturianas. Era unha viaxe trampa e o Pontevedra caeu de cheo. No reducido campo do Pepe Quimarán, a vitoria ía decidir no corpo a corpo e os de Ángel Rodríguez foron incapaces de superar os duelos nas áreas contra as corpulentas forzas do Llanera.
Romaric golpeou primeiro para servir en bandexa o tanto local; logo nin Charles nin Rufo foron capaces de abrirse oco para rematar os tan incontables como defectuosos centros laterais.
Todo lle saíu mal ao Pontevedra. Foi dono e señor do balón, pero non sabía que facer con el. Ningunha das figuras granates luciu este domingo e desde o banco, con só dous cambios realizados e un deles sobre o minuto noventa, tampouco houbo un golpe de temón que corrixise o rumbo da nave. E encima, Charles, ídolo e pichichi, autoexpulsouse cunha desemesurada protesta cara ao árbitro.
Moi pronto se torceron as cousas para os intereses granates. Un centro desde a esquerda foi cebeceado por Romaric, que enviou o balón á cepa do poste. O rexeite cazouno, máis rapido que ninguén, Javi Sánchez para enviar o balón ao fondo da portería e poñer por diante no marcador ao Llanera.
Fora a primeira chegada á área do partido, ata entón ambos os equipos trataban de xerar perigo a base de balóns longos ás costas das defensas.
Co marcador en contra, o Pontevedra tivo que cambiar o guion. Decidiron abandonar o xogo directo para baixar o balón ao céspede do reducido campo Pepe Quimarán e tentar hilbanar xogadas. Aínda así tardou máis de dez minutos o Pontevedra en disparar a porta, fíxoo Brais por primeira vez cunha potente volea afastada que atallou Mapisa con apuros.
A balón parado tamén o tentaron os granates. Álex González puxo un córner desde a esquerda que atopou a cabeza de Rufo, pero o seu remate saíu alto.
Empezaba o Pontevedra a apropiarse do balón e a pisar a área contraria con facilidade, con todo os de Ángel Rodríguez volveron pecar de falta de claridade tanto na finalización como no último pase.
Antes de que se cumprise a primeira media hora do xogo, Álex González puido restablecer a igualada cunha volea desde a interior da área que non atopou porta despois de recibir o balón tras un centro pasado de Seoane desde a dereita. Tamén Charles puido empatar o partido ao empalmar un preciso centro desde a esquerda do capitán granate.
Mentres tanto, o Llanera agardaba replegado no seu propio campo para roubar e saír rápido á contra, pero volveron inquietar a Cacharrón no primeiro tempo, porque tanto Churre como Javi Rey foron capaces de manter baixo control ao veloz dianteiro Romaric.
Tras o paso por vestiarios puido empatar de novo o Pontevedra nunha combinación entre Seoane e Brais. O lateral gañou a liña de fondo e puxo un medido centro ao segundo pau, na frontal da área pequena apareceu Abelenda, que tratou de rematar ao primeiro toque pero non conectou ben co balón.
Os granates saliero decididos a voltear o marcador. O balón era granate, pero os galegos seguían sen atopar o camiño cara á meta rival. Como de costume, puxeron incontables centros laterais á área rival que nin Rufo nin Charles eran capaces de rematar.
Tivo máis dunha oportunidade o ariete brasileiro. Recibiu na interior da área de Seoane, pero cando ía armar o disparo quedóuselle o balón atrás. Só un minuto despois o lateral volveu asistirlle, sen que o pichichi fose capaz de rematar.
Pasaban os minutos e crecía a ansiedade. Os centros laterais non funcionaban e Yelko e Romay tampouco eran capaces de filtrar balóns entre a rochosa zaga asturiana. Había que probar o disparo afastado, tentouno Brais Abelenda cun lanzamento bombeado que Mapisa logrou despexar a córner con máis apuros dos esperados.
Tamén o tentou Rufo, que cazou un balón na interior da área e tratou de buscar oco para disparar, pero a defensa local bloqueou o intento.
Xa nos minutos finais e co Pontevedra buscando o empate á desesperada, os nervios xogáronlle unha mala pasada a Charles que se excedeu na protesta ao árbitro, co que chegou a encararse, e acabou expulsado.
Cun menos e só 10 minutos por xogar ao Pontevedra só podería salvalo un milagre. E a punto estivo de obralo Romay. Álex González, que volveu ser lateral, alcanzou a liña de fondo, puxo un preciso pase atrás á carreira de Romay, que rematou alto ao primeiro toque. O de Malpica pediu penalti, pero o colexiado non viu nada.
Consuma o Pontevedra uns novo tropezóns que confirma o mal momento, tanto de resultados como de xogo, que atravesan os de Ángel Rodríguez, que non só volven ver como o Unión Adarve pon terra polo medio, senón que o triunfo do Navalcarnero pon en xaque tamén a segunda praza do grupo.
LLANERA (1): Mapisa; Crespo, Marcos Arango, Otia, Pape, Javi Sänchez, Matías (Keita, min 75), Omar (Vity, min. 75), Espinar, Romaric (Amadou, min. 65) y Dani Ceinos
PONTEVEDRA CF (0): Cacharrón, Seoane, Churre, David Soto, Álex González (Oier Calvillo, min. 88); Javi Rey, Yelko Pino, Romay, Brais Abelenda (Alberto Rubio, min 72); Rufo y Charles
Árbitro: Roberto Jiménez Olano, auxiliado nas bandas por Iván Vélez Castelar e Gonzalo Vélez Castelar (La Rioja), amoestou a Romaric, Pape, Javi Sánchez, Keita y Otia, por parte da UD Llanera; e a Yelko Pino, polo Pontevedra. Charles foi expulsado por vermella directa no minuto 84 por protestar.
Goles: 1-0. min. 5, Javi Sánchez
Incidencias: Partido correspondiente á vixésimo cuarta xornada de liga no Grupo I da Segunda RFEF disputado no Estadio Pepe Quimarán de Llanera.
Relacionadas:
-
Goleada balsámica do Pontevedra fronte á Gimnástica Segoviana (3-0)
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |
-
O momento de Rufo: "Esperamos que demostre o importante que é para o equipo"
Por Diego Espiño |
-
Diego Seoane pide un voto de confianza no Pontevedra porque "entre todos ímolo sacar"
Por Diego Espiño |
-
A sanción para Charles queda en dous partidos
Por Diego Espiño |
-
Redución no prezo das entradas e promoción a socios para recibir á Gimnástica Segoviana
Por Redacción |
-
Charles exponse a unha posible sanción de 4 partidos pola súa expulsión fronte ao Llanera
Por Diego Espiño |
-
Ángel Rodríguez quere "menos toques" para xerar ocasións de gol en Llanera
Por Manu Otero |
-
O Pontevedra reduce a carga dos seus adestramentos para que o equipo volva voar
Por Manu Otero |
-
O Pepe Quimarán, un campo 12 metros máis estreito que Pasarón, agarda o Pontevedra
Por Manu Otero |
-
Miguel Román, sancionado; Churre, Seoane e Brais, ao bordo da suspensión
Por Manu Otero |
-
O árbitro, triste protagonista nun polémico empate do Pontevedra contra o Marino (0-0)
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |