O árbitro, triste protagonista nun polémico empate do Pontevedra contra o Marino (0-0)
Por Diego Espiño & Cristina Saiz
Rabia e enfado é o que sentiron este domingo os asistentes ao Estadio Municipal de Pasarón ao comprobar como ao Pontevedra Club de Fútbol se lle escapaban dous importantes puntos ante o Marino de Luanco, deixando como estaba a pelexa polo liderado cos granates a tres puntos e sen aproveitar un novo tropezo do Adarve. É certo que os de Ángel Rodríguez non viviron o seu mellor partido, pouco acertados no xogo ofensivo, pero o colexiado terminou converténdose en protagonista ao anular un gol para Charles a falta de 20 minutos por unha inexistente falta de Yelko Pino sobre o porteiro e, sobre todo, por obviar un clamoroso penalti sobre Brais Abelenda no minuto 89.
Avanzouno na previa e cumpriuno o técnico local, presentando o mesmo once inicial que unha semana atrás no Carballiño, un once tipo que se esperaba un Marino de Luanco que, cunha gran disposición táctica, dificultaba desde o inicio o xogo de posesión local.
Aos granates custáballes romper a primeira liña de presión tocando en zonas sen perigo, e as poucas veces que o facían os visitantes replegaban con rapidez pechando liñas de pase, chegando ademais a contar con momentos de dominio na fase inicial.
Era un encontro para madurar, para tirar de paciencia e confiar no desgaste do rival, sen deixar de lado a concentración para evitar saídas do rival como a que no minuto 13 protagonizou Steven. Tras un roubo na medular o cadro asturiano buscou rápido ao seu dianteiro e tras pisar área presionada pola zaga disparaba alto.
Respondeu o Pontevedra cun disparo afastado de Alberto Rubio que repeleu con problemas o gardameta Buru, aínda que as ocasións seguían brillando pola súa ausencia. Tanto que antes do descanso só un remate de Rubio ao segundo pau a centro de Brais inquietou aos de Luanco, marchándose o balón á lateral da rede.
Sen apenas atopar fisuras insistían os de Ángel Rodríguez, que nos últimos minutos do primeiro acto empezaron a afundir un pouco máis a liña defensiva do seu rival, empezando a atopar conexións entre liñas pero sen chegar a concretalo en opcións claras.
Ese detalle con todo ensinaba o camiño para os segundos 45 minutos, e tentouno o conxunto local, pero a presión pesaba cada vez máis co paso dos minutos sen conseguir acertar.
Tentouno Brais desde fóra da área no minuto 54, marchando fóra por moi pouco pegado á base do pau, e pouco despois tívoa Álex González nun erro de Lora nunha cesión cara ao seu porteiro deixándoo man a man e fallando na definición.
Foi despois cando chegou a primeira acción polémica da tarde. Centro de Rubio que desvía un defensa cun globo cara á súa propia área, o porteiro Buru sae en falso e o árbitro sinala unha falta de Yelko Pino, que estaba quieto na área grande, despois de que Charles enviase o coiro ao fondo da rede.
Moita emoción nos últimos minutos dos dous partidos das 17:00!
— En Xogo tvG2 (@EnXogo_tvG2) February 27, 2022
Gol anulado ao @PontevedraCFSAD por falta de Yelko Pino ao porteiro
https://t.co/zoGQ8zLGGL
Paradón do Pato Guillén ao remate de Sylla para que continúe o @SD_Compostela 0-0 @CD_Arenteiro
G2 ou G24 pic.twitter.com/bJX2WhZxMy
A acción deu folgos aos locais, que empezaron a encerrar máis por corazón que por fútbol aos de Luanco. Pediron man dun defensor na área, e xusto despois nun centro de Seoane, Brais Abelenda cun toque sutil deixaba a Charles ante o meta. O brasileiro meteu a punteira da súa bota para salvar a Buru pero o coiro estrelouse a madeira para irse polo fondo.
O tempo esgotábase e o Pontevedra a falta de fútbol invocaba á heroica para buscar os tres puntos. Chegábase así ao minuto 89, nun balón solto Brais adiántase a Trabanca e o defensor asturiano derrúbao de forma clara e brusca dentro da área, sen que o árbitro sinalase incomprensiblemente os once metros. As protestas de todos os xogadores rodeándoo e de cada un dos afeccionados presentes de pouco serviron, e o partido terminou por apagarse cun inxusto 0-0 inicial que deixa fríos aos granates.
Final con moitísima polémica en Pasarón!
— En Xogo tvG2 (@EnXogo_tvG2) February 27, 2022
O @PontevedraCFSAD empatou a 0 co @MarinoLuanco e segue a 3 puntos do líder @UnionAdarve
Logo do gol anulado a @Charlesbrau9, semella moi claro o penalti sobre @BraisAbelenda nesta acción pic.twitter.com/8gYN7faPuM
PONTEVEDRA CF (0): Cacharrón, Seoane, David Soto, Churre, Samu Araújo (Rufo, min.62), Miguel Román, Yelko Pino (Romay. min.76), Alberto Rubio, Álex González, Brais Abelenda, Charles (Iñaki, min.81).
CLUB MARINO LUANCO (0): Buru, Borja, Trabanco, Nacho Matador (César Suárez, min.57), Diego Díaz (Luis Morán, min.57), Dailos, Guille Pinín (Adolfo, min.82), Guaya, Lora, Steven (Emilio Morilla, min.93), Julio Delgado (Omar Álvarez, min.82).
Árbitro: Guillermo Mate Rincón, auxiliado nas bandas por Crespo Villa e Obeja González (Castilla-León). Amoestou a Miguel Román, Seoane e Rubio no Pontevedra e a Steven, Diego Díaz e Nacho Matador no Marino
Incidencias: Partido da xornada 23 de liga no grupo I da Segunda RFEF disputado no Estadio Municipal de Pasarón de Pontevedra ante ao redor de 1.500 afeccionados.
Relacionadas:
-
O Llanera reduce ao Pontevedra (1-0)
Por Manu Otero |
-
O Pontevedra reduce a carga dos seus adestramentos para que o equipo volva voar
Por Manu Otero |
-
Miguel Román, sancionado; Churre, Seoane e Brais, ao bordo da suspensión
Por Manu Otero |
-
Charles é optimista sobre a súa lesión: "Non creo que sexa nada grave"
Por Redacción |
-
Ángel Rodríguez incide no penalti non pitado a Brais Abelenda: "Es imposible que no lo haya visto, lo hemos visto todos"
Por Almu Dapena |
-
Ángel Rodríguez: "Para moitos o gusto é que xogue con dous dianteiros fixos, Charles e Rufo, pero para min o gusto é outro"
Por Diego Espiño |
-
Marino de Luanco, unha volta despois do partido que supuxo un punto de inflexión para o Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Rufo recupera o sorriso e deixa atrás a sombra da súa lesión: "Pensaba que me ían a quedar secuelas"
Por Diego Espiño |
-
O dobrete de Seoane suma á defensa ao festival goleador do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Ángel Rodríguez: "El equipo ha vuelto a ser el que era fuera de casa"
Por Almu Dapena |
-
Sólido triunfo do Pontevedra no Carballiño (1-5) para colocarse a tiro de pedra do líder
Por Diego Espiño |