O Ravachol complícase na casa do Benalmádena (4-3)
Por Redacción
Axustada e complicada derrota para o Club Bádminton Ravachol este sábado en casa do Benalmádena. Pontevedreses e malagueños disputaron unha xornada intensa e de máxima importancia para ambos para a loita pola permanencia no Top10 da División de Honra na que a vitoria se decantou a favor dos locais grazas á súa efectividade nos momentos decisivos.
Empezaron mal a xornada os xogadores do Ravachol Gabriel Fernández e Georgina Bland, que perderon en dobres mixtos contra Mads Badegaard e Elena Lorenzo no primeiro duelo do medio día (11-09, 11-09, 11-04). Igualaron a contenda Ana Carbón e Ania Setién despois dun gran encontro no que superaron a Lucía Galvín e Verónica Gutiérrez (02-11, 08-11, 06-11), mentres que os seus compañeiros de equipo, Manuel Brea e Alejandro Nogueira non foron capaces de vencer a Gadegaard e Malthe Molbjerg no dobres masculino tras un enfrontamento que se decidiu no quinto xogo (5-11, 7-11, 11-6, 11-10, 11-7).
Georgina apareceu en escena para igualar de novo o partido, superando a Lucía Galvin con contundencia (3-11, 6-11, 3-11) e cedeu acto seguido a xogadora do Ravachol a testemuña a Gabriel Fernández, que nada puido facer fronte a Manuel Vázquez (11-2, 11-5, 11-1).
Ania Setién empatou de novo tras gañar a Elena Lorenzo no sexto partido da xornada (11-10, 5-11, 9-11, 8-11), deixando todo por decidir no último duelo. Chegou a quenda de Manuel Brea en solitario, que tentou como puido superar a Malthe Molbjerb pero terminou caendo en tres xogos (11-9, 11-9, 11-6).
Con esta derrota por 4-3 o Club Bádminton Ravachol complícase para a permanencia no Top10 da División de Honra. O conxunto pontevedrés está afundido na última posición con tan só unha vitoria no seu haber fronte ás cinco derrotas.
A próxima xornada enfrontaranse no Multiusos da Xunqueira a un Oviedo que está un posto por encima con seis puntos fronte aos tres do Ravachol.
Relacionadas:
-
O Bádminton Ravachol xogarase en Eivissa a súa permanencia na máxima categoría
Por Redacción |
-
O Bádminton Ravachol brilla no Campionato Galego Absoluto
Por Redacción |
-
Un problema cardíaco aparta da competición a Gabriel Fernández, xogador do Bádminton Ravachol
Por Diego Espiño |
-
A Xunta reparte entre 72 clubes da cidade axudas por valor de 837.000 euros
Por Redacción |
-
Derrota axustada do Ravachol ante o líder IES La Orden (3-4)
Por Redacción |
-
O Ravachol volve á súa orixe para recibir ao líder da categoría
Por Redacción |
-
O Bádminton Ravachol perde no duelo directo contra o Arjonilla (6-1)
Por Redacción |