Derrota axustada do Ravachol ante o líder IES La Orden (3-4)
Por Redacción
O Club Bádminton Ravachol iniciou esta fin de semana a segunda volta da División de Honra enfrontándose ao IES La Orden. O conxunto pontevedrés, despois de pelexar con uñas e dentes cara a unha vitoria, terminaron caendo por un axustado 3-4.
Nun escenario que non é o habitual ao ter que desprazarse á Estrada pola indispoñibilidade de espazos en Pontevedra, o Ravachol púxollo complicado aos onubenses, líderes da categoría.
Saltaron á pista Javier Sánchez e Georgina Bland para enfrontarse no dobres mixtos a Pablo Abián e Haideé Ojeda, gañando os visitantes aínda que con dificultades (4-11, 7-11, 7-11). En dobres feminino tampouco tiveron fortuna Raquel Miguens e Ana Carbón, que cederon con claridade ante Ojeda e Telma Santos (3-11, 1-11, 2-11).
O primeiro punto para o Bádminton Ravachol o conseguiron en dobres masculino Javier Sánchez e Manuel Brea, superando a Eliezer Ojeda e Adrián Márquez para meter de cheo aos pontevedreses no duelo (11-8, 11-6, 11-8).
Xa nos individuais, o partido decidiuse no individuais feminino e masculino. Ana Carbón non puido con Laura Santos e Gabriel Fernández caeu no seu partido contra Pablo Abián, que puxeron os catro puntos no marcador do IES La Orden.
Os dous puntos restantes para o Ravachol sumáronos Georgina Bland e Manuel Brea, que se impuxeron fronte a Telma Santos e Alejandro Pérez para colocar o 3-4 no marcador.
Relacionadas:
-
O Bádminton Ravachol brilla no Campionato Galego Absoluto
Por Redacción |
-
Un problema cardíaco aparta da competición a Gabriel Fernández, xogador do Bádminton Ravachol
Por Diego Espiño |
-
O Ravachol complícase na casa do Benalmádena (4-3)
Por Redacción |
-
O Ravachol volve á súa orixe para recibir ao líder da categoría
Por Redacción |
-
O Bádminton Ravachol perde no duelo directo contra o Arjonilla (6-1)
Por Redacción |
-
O Bádminton Ravachol refórzase con Lucía Rodríguez, número 1 mundial en categoría júnior
Por Redacción |
-
As lesións lastran o Bádminton Ravachol na súa visita ao campión Oviedo
Por Redacción |
-
Primeira vitoria da tempada para o Ravachol nun partido de infarto ante o Benalmádena (4-3)
Por Cristina Saiz & Redacción |