A Xunta reparte entre 72 clubes da cidade axudas por valor de 837.000 euros
Por Redacción
A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral para o Deporte, vén de abrir unha nova convocatoria de axudas para clubes deportivos co obxectivo de seguir apoiando o traballo destas entidades da cidade de Pontevedra despois de concederlles achegas por 837.000 euros o pasado ano a un total de 72 delas.
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, acompañado polo xefe provincial de Deportes, Daniel Benavides, mantivo un encontro cos clubes do municipio no edificio administrativo da Xunta en Campolongo para informarlles dos requisitos das novas liñas de axudas deportivas da Xunta para o presente ano, que teñen aberto o seu prazo de solicitude ata o luns 7 de febreiro e que contan coas modalidades de subvención ordinaria, covid-19, reactivación e equipamentos.
Os beneficiarios pola Secretaría Xeral para o Deporte coas axudas de 2021 foron Teucro, Gimnástica, Arxil, Escuela de Piragüismo Ciudad de Pontevedra, Pontevedra CF, Cisne, Leis 26, Tenis de Mesa Monte Porreiro, Galaico, Voleibol Pontevedra, Xadrez Pontevedra, Treboada, Marcón Atlético, Club Naval, Farto, Estudiantes, SCD Salcedo, Club Aromón Pontevedra Montañeiros A Roelo, Waterpolo Pontevedra, Salvamento Acuático Pontevedra, Escola Hungaresa de Esgrima, Galaico Sincro, ACD A Seca, Portero 2000, Pontevedra Rugby, Bádminton Ravachol, Salgueiriños, CD Lérez, Agrupación Juvenil de Lérez, FS Cidade de Pontevedra, Mar de Aguete, Boa Vila Tiro con Arco, Asociación de Boxeo de Pontevedra, Club Piragüismo Verducido-Pontillón, SD Monteporreiro, Natación Sincronizada Pontevedra, Clube de Loita Pontevedra, Club de Tiro Río Lérez, BVB, Club Río Verdugo de Piragüismo, Integración Deportiva Pontevedra, Peña Ciclista Moto Bike, Club de Taekwondo Taekanart, Escudería Pontevedra Team 1984, Asociación Club de Boxeo David Burgos, Equipo Ciclista Cidade de Pontevedra, Xiada, Halterofilia Rías Baixas, Cernadiñas Novas, Cerponzóns CF, Club Arco Xeve, As Triscas, Mace-Sport, Club Tenis Pontevedra, Club Número Phi, Mareantes Rugby Club, Poio Bar Monterrei, Rayovedra, Federación Galega de Piragüismo e Club Deportivo Old School Boxing.
“Os clubes da cidade de Pontevedra están a facer un enorme traballo polo deporte, e máis nas difíciles circunstancias que xerou a pandemia, e por iso contan cun decidido e importante apoio da Xunta, plasmado nestes máis de 800.000 euros en achegas directas só o ano pasado, e que vai ter continuidade neste exercicio, polo que acudimos a informarlles para que concorran masivamente á nova convocatoria”, explicou o delegado territorial.
Relacionadas:
-
O Ravachol complícase na casa do Benalmádena (4-3)
Por Redacción |
-
Seis podios para a Gimnástica no Campionato de Galicia Absoluto celebrado en Expourense
Por Redacción |
-
O Arxil segue mandando en liga tras superar o Rosalía (52-59)
Por Redacción |
-
Luz verde da Deputación ás subvencións ao deporte federado de nivel autonómico e aos clubs de Preferente
Por Redacción |
-
A Deputación equipara axudas a clubs femininos e masculinos e promove accións de apoio ao emprego e á cultura
Por María José Pita |
-
Pontevedra aprobará o luns axudas de 500.000 euros aos clubes deportivos
Por Redacción |