O Bádminton Ravachol perde no duelo directo contra o Arjonilla (6-1)
Por Redacción
O Club Bádminton Ravachol regresou á competición este ano cunha nova derrota. O conxunto pontevedrés mediuse ao Arjonilla nunha quinta xornada ligueira que se antollaba igualada ao estar ambos os conxuntos igualados a puntos na clasificación.
Con todo, os visitantes, aínda que contaron con todos os seus efectivos, caeron por un claro 6-1.
A xornada púxose contra as cordas para o Ravachol moi pronto. Javier Sánchez e Georgina Bland pedieron en dobres mixtos contra Juan Blas Villalta e Anne Fulgsang (11-05, 11-05, 11-08); Ana Carbón e María Torres correron a mesma sorte que os seus compañeiros de equipo e caeron contra Manuela Díaz e Anne Fulgsang en dobres femininos (11-08, 11-03, 11-03).
En dobres masculinos, Manuel Brea e Javier Sánchez cederon ante Joan Monroy e Ernesto Baschwitz (11-10, 11-06, 11-04).
Recortou distancias Georgina Bland en individual feminino impoñéndose con contundencia a Mariola Serrano (02-11, 04-11, 04-11), pero Gabriel Fernández, Ana Carbón e Manuel Brea non foron capaces de gañar os seus encontros e cederon finalmente un duro 6-1.
Relacionadas:
-
Un problema cardíaco aparta da competición a Gabriel Fernández, xogador do Bádminton Ravachol
Por Diego Espiño |
-
O Ravachol complícase na casa do Benalmádena (4-3)
Por Redacción |
-
Derrota axustada do Ravachol ante o líder IES La Orden (3-4)
Por Redacción |
-
O Ravachol volve á súa orixe para recibir ao líder da categoría
Por Redacción |
-
O Bádminton Ravachol refórzase con Lucía Rodríguez, número 1 mundial en categoría júnior
Por Redacción |
-
A "experiencia inesquecible" do pontevedrés Javier Rey no Mundial de Bádminton
Por Redacción |
-
As lesións lastran o Bádminton Ravachol na súa visita ao campión Oviedo
Por Redacción |
-
Primeira vitoria da tempada para o Ravachol nun partido de infarto ante o Benalmádena (4-3)
Por Cristina Saiz & Redacción |