O Bádminton Ravachol brilla no Campionato Galego Absoluto
Por Redacción
Os representantes do Club Bádminton Ravachol brillaron este sábado no Campionato Galego Absoluto disputado na Estrada. Lucía Rodríguez, Ana Carbón, Raquel Míguens, Manuel Brea e José Molares fixéronse con senllas medallas de ouro para coroarse como campións galegos.
Lucía Rodríguez coroouse por partida dobre, tanto en invididual feminino, superando a Sara Ezquerro, e en dobres femininos, onde, xunto coa súa compañeira Ana Carbón, superaron a Sara Ezquerro e Laura Valverde para colgarse o ouro.
Raquel Míguens e José Molares, pola súa banda, formaron dupla no dobres mixto para facer o propio e vencer a Sergio Vidal e Laura Valverde, que foron segundos.
Molares tamén competiu en dobres masculino con Manuel Brea, gañando aos seus rivais Antonio Iglesias e Alejandro Rivadulla coroándose así campións galegos. Tamén Brea fíxose co ouro no individual masculino, despois de lograr o triunfo sobre Antonio Iglesias.
Consulta os resultados de todos os partidos na seguinte ligazón
Relacionadas:
-
O Ravachol, un ano máis na elite do bádminton nacional: derrota o Ibiza pola permanencia
Por Alejandro Espiño |
-
O Bádminton Ravachol xogarase en Eivissa a súa permanencia na máxima categoría
Por Redacción |
-
Un problema cardíaco aparta da competición a Gabriel Fernández, xogador do Bádminton Ravachol
Por Diego Espiño |
-
O Ravachol complícase na casa do Benalmádena (4-3)
Por Redacción |
-
Derrota axustada do Ravachol ante o líder IES La Orden (3-4)
Por Redacción |