Antía García asina un triplete de ouro no nacional de salvamento en distancias curtas
Por Redacción
A nadadora do Club Acuático Umia Antía García volveu protagonizar unha fin de semana estelar. Despois de proclamarse tripla campioa de Europa de salvamento, a deportista de Caldas repetiu fazaña no segundo Campionato de España de Distancias Curtas celebrado en Valladolid.
A moza conseguiu tres medallas de ouro e bateu tres récords de España. García non tivo rival e logrou vencer con solvencia as trespuebas nas que participou. E para marcar terreo xa nas eliminatorias previas bateu os récords nacionais para, na final, repetir triunfo e facerse con tres ouros.
Todo o máis alto do podio subiuse a nadadora nas modalidades de 50 metros obstáculos, cun tempo final de 27 segundos e 72 centésimas; nos 50 metros combinada, ao parar o cronómetro en 30 segundos e 84 centésimas; e en 50 metros aletas, cunha marca de 23 segundos e 3 centésimas.
Pero os resultados de Antía García non foron os únicos éxitos do Club Acuático Umia na fin de semana. A base do equipo caldense luciuse tamén no Memorial Carlos Servando, o trofeo galego máis antigo que se disputa en Galicia. A Carballo desprazou o Umia a 28 nadadores de categoría cadete, xuvenil e absoluta para conquistar seis medallas de ouro e unha de prata que foron suficientes para acabar no terceiro posto da clasificación xeral por equipos.
Relacionadas:
-
Antía García pecha o Mundial de Salvamento cunha medalla de bronce
Por Redacción |
-
Antía García consegue cunha prata nos World Games a medalla que lle faltaba
Por Diego Espiño |
-
O Acuático Umia celebra con vitoria o torneo do seu 25 aniversario
Por Redacción |
-
A nadadora Antía García segue batendo récords
Por Redacción |
-
Antía García rebaixa tres récords de España de salvamento
Por Redacción |
-
Antía García consegue tres medallas, unha de ouro, no Campionato de Europa de Salvamento
Por Diego Espiño |
-
Antía García bate o seu propio récord nacional no Campionato de España de Inverno de Salvamento
Por Redacción |