O Acuático Umia celebra con vitoria o torneo do seu 25 aniversario
Por Redacción
O Club Acuático Umia celebrou o pasado domingo os seus 25 anos de historia coa realización do I trofeo de Salvamento Caldas Vila Termal, un encontro que foi retransmitido en directo pola canle de youtube co club e tamén en distintos bares do municipio.
Cunha participación de preto de 160 deportistas de 7 clubs, a competición dividiuse en dúas sesións, nas que triunfou o Vilagarcía gañando a categoría infantil-cadete e o club local, vencedor na clasificación final da categoría absoluta/master.
Na primeira sesión as infantís do Umia conseguiron un gran resultado na primeira das probas do día, o 100 aletas, rematando Carla Martínez en 11° posto e Xiana Bouzón en 12°. No masculino, Antón Loureiro e Xavier Aboy foron os mellores clasificados do club caldense, rematando en 9° e 10° posto respectivamente.
Na categoría cadete Lidia Aboy conseguiu o ouro cun tempo de 1,07,21 a só 4 décimas do seu propio récord galego. Claudia Rivero e Zoila Cabarcos aseguraron as mínimas para o campionato galego rematando en 11° e 13° lugar respectivamente.
Na categoría masculina, prata de Diego Rodríguez no seu primeiro ano de cadete con marca de 1,17" mentres que o seu compañeiro Xurxo Búa era 9° e Roi Paz, Xoel Devesa é Samuel Servide remataban nos postos 12, 13 e 14 respectivamente.
Na proba de 100 socorrista infantil feminina Carla e Xiana Bouzón volveron repetir 11°e 12° posto mellorando marcas. Mentres que en categoría masculina Antón Loureiro logrou un bronce con 1,22".
En categoría cadete, a proba de 50 rescate maniquí rematou cun novo ouro para Lidia Aboy cun tempo de 42,56" e con Claudia Riveiro na sétima posición e coa mínima galega ao igual que Martina Reguera (10°). En categoría masculina Diego Rodríguez foi quinto, Samuel, sétimo; e Roi, oitavo.
Nas probas de relevos 4x25 arrastre maniquí o Umia conseguiu dúas pratas tanto en cadete masculino como en cadete feminino.
Na clasificación final destas categorías infantil-cadete o conxunto local, a pesar das numerosas baixas conseguiu rematar en cuarta posición a só 20 puntos do podio.
O turno dos maiores comezou pola tarde coa proba do 100 aletas, na que o local Carlos Montagut venceu cun tempo de 56,34" moi cerca da mínima para poder participar no Campionato de España, mentres que Alex Piso quedou fóra do caixón das medallas por seis centésimas.
En categoría feminina Laura Mirás obtivo un cuarto posto mentres Ainoa Carracedo foi quinta. Pola súa banda, Sofía Gulías colleitou un noveno posto firmando a súa mellor marca persoal.
Ademais o Umia conseguiu un bronce para Alex Piso no 50 rescate, no que Cibrán Leal e Carlos Montagit foron quintos e sextos, respectivamente. No feminino, Ainoa Carracedo e Ana Abal conseguiron ser bronce e prata respectivamente na proba 50 rescate maniquí, esta última a só 7 centésimas da vitoria
No relevo 4x25 absoluto, dobre vitoria, dous ouros, para os relevos feminino e masculino.
Na categoría máster o club local conseguía un triplete no 100 aletas co ouro para Rubén Monteagudo, prata para Isma López e bronce para Javi Loureiro. Ademais, tamén conseguiu un ouro Javi Carballo no 50 rescate e un bronce, Ismael López. Pola súa banda, o relevo máster do Umia foi ouro no 4x25.
Na clasificación final das categorías conxuntas absoluta e Master, o Umia logrou o I Trofeo Salvamento Caldas Vila Termal cun total de 330 puntos.
Relacionadas:
-
O Club Acuático Umia pecha o seu 25 aniversario organizando o Trofeo Caldas Vila Termal
Por Redacción |
-
Antía García asina un triplete de ouro no nacional de salvamento en distancias curtas
Por Redacción |
-
Antía García rebaixa tres récords de España de salvamento
Por Redacción |
-
Antía García consegue tres medallas, unha de ouro, no Campionato de Europa de Salvamento
Por Diego Espiño |
-
Antía García bate o seu propio récord nacional no Campionato de España de Inverno de Salvamento
Por Redacción |
-
VÍDEO.- Saúl Rodríguez, do Club Acuático Umia, únese á campaña #EstaMedallaEsVuestra en beneficio de Cruz Vermella
Por Redacción |