Antía García rebaixa tres récords de España de salvamento
Por Redacción
Destacado papel do Club Acuático Umia no I Trofeo FESSGA de Distancias Curtas organizado o domingo en Carballo pola Federación Galega de Salvamento e Socorrismo.
A principal protagonista do club caldense foi Antía García, non só polos tres ouros conseguidos no campionato, senón por rebaixar nesas tres probas o récord de España.
En concreto Antía, campioa europea e mundial, rebaixou as plusmarcas nacionais de 50 obstáculos (28,34 segundos), de 50 combinada (31,56 segundos) e de 50 remolque maniquí (23,94 segundos).
Empuxado por estes resultados e secundado polos seus compañeiros e compañeiras, o Club Acuático Umia finalizou segundo o trofeo na clasificación xeral por equipos só superado polo Club Sysca, sendo o mellor equipo en categoría feminina.
En total o Umia sumou 17 medallas, das que 8 foron de ouro grazas a Antía García, Rubén González e as remudas tanto femininas como mixtos, 3 de prata con Carlos Montagut, Martiño Mosquera e Lida Aboy e 6 de bronce con Ainoa Carracedo, Lida Aboy, Hugo Loureiro, Dani Andújar, Ana Abal e Álex Piso.
Relacionadas:
-
Antía García consegue cunha prata nos World Games a medalla que lle faltaba
Por Diego Espiño |
-
O Acuático Umia celebra con vitoria o torneo do seu 25 aniversario
Por Redacción |
-
A nadadora Antía García segue batendo récords
Por Redacción |
-
Antía García asina un triplete de ouro no nacional de salvamento en distancias curtas
Por Redacción |
-
Antía García consegue tres medallas, unha de ouro, no Campionato de Europa de Salvamento
Por Diego Espiño |
-
Antía García bate o seu propio récord nacional no Campionato de España de Inverno de Salvamento
Por Redacción |