O equipo nacional feminino de kaiak establece a súa base no CGTD de Pontevedra
Por Diego Espiño
O Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra e o Complexo Deportivo David Cal no encoro de Pontillón do Castro serán a nova base para os adestramentos do equipo español feminino de piragüismo na modalidade de kaiak.
Con Teresa Portela á cabeza as padexeiras nacionais buscarán desde a Boa Vila o reto da clasificación olímpica para os Xogos de París 2024.
A noticia chega tras o acordo alcanzado entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e as federacións Galega e Española de piragüismo, pola que o equipo nacional se muda desde Sevilla, e que se suma ao alcanzado co equipo de canoa masculino, que tamén traballa xa con base en Pontevedra.
Foi a propia Teresa Portela, prata en Tokyo e que ata o de agora se preparaba en solitario en Galicia, a que confirmou a mudanza cunha mensaxe nas súas redes sociais, no que avanzou tamén a súa aspiración de pelexar pola que sería a súa sétima participación olímpica.
(@teriportela) November 8, 2021
El Equipo Nacional de Kayak Mujer, se concentrará en el CGTD, en Pontevedra.
Sabéis que me encantan los retos y tenemos uno muy ambicioso y a la vez, muy ilusionante. Preparar los Juegos de París 2024 pic.twitter.com/rW6QPj5wmW
No caso da padexeira canguesa, está aínda por ver en que distancia centra os seus esforzos, tendo en conta que o K-1 200 metros co que tocou o ceo olímpico en Xapón non estará no programa dos Xogos de 2024.
En Pontevedra, ás ordes de Daniel Brage, tamén adestrará outra deportista pontevedresa como Carolina García, compoñendo o resto do equipo Sara Ouzande, Laia Pelachs, Begoña Lazkano, Miriam Vega e Mireia Vázquez.
Relacionadas:
-
O CGTD destinará 20 prazas o próximo curso para os equipos nacionais de piragüismo
Por Redacción |
-
Case 3.500 votos populares e 175 cartas de apoio avalan a candidatura de Teresa Portela ao Premio Princesa de Asturias
Por Redacción |
-
A Xunta pide apoio para impulsar a candidatura de Teresa Portela ao Premio Princesa de Asturias
Por Diego Espiño |
-
Un convenio de case 225.000 euros para converter Pontevedra na casa do equipo nacional de kaiak feminino
Por Diego Espiño |
-
Teresa Portela, decidida a ir a por os Xogos de París 2024: "Sería algo incrible, aínda que agora o vexo moi lonxe"
Por Diego Espiño |
-
O encoro de Verducido convértese no centro de alto rendemento para os canoistas españois
Por Manu Otero |
-
Teresa Portela, feliz tras a súa prata olímpica "porque quien la sigue, la consigue"
Por Diego Espiño |
-
Prata!! Teresa Portela, subcampioa olímpica no K-1 200 metros
Por Diego Espiño |