A Xunta pide apoio para impulsar a candidatura de Teresa Portela ao Premio Princesa de Asturias
![Diego](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/5df/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/570532d2ea-20160329-patxot-diego-espino-1009.jpg)
Por Diego Espiño
Teresa Portela converteuse en Tokyo na deportista española con máis participacións olímpicas da historia, con seis. Ademais, a padexeira pontevedresa conseguiu unha brillante medalla de prata como premio á súa constancia.
O palmarés de Portela complétase con ata 15 medallas mundialistas e 17 europeas, o que a converteu en todo un exemplo a seguir.
Por esa motivo a Xunta de Galicia habilitou unha páxina web para impulsar a candidatura da piragüista ao Premio Princesa de Asturias, un dos máximos recoñecementos aos que pode aspirar calquera deportista.
Nesa plataforma calquera persoa pode rexistrar o seu nome completo e DNI para apoiar a proposta.
Galicia presentará a candidatura de @teriportela para o Premio Princesa de Asturias dos Deportes 2022 da @fpa
— Xunta de Galicia (@Xunta) February 11, 2022
É a muller española con maior número de participacións olímpicas
Rexistra o teu apoio aquí
https://t.co/tHmIKOuk6s