
© Chano Rodríguez (@axelchano)
Os Xogos Paralímpicos comezan e Pontevedra pon o foco en Juan Saavedra e Chano Rodríguez

Por Manu Otero

© Club Natación Galaico

© Comité Paralímpico Español
Os Xogos Olímpicos de Tokio finalizaron o pasado 8 de agosto co mellor resultado da historia para o deporte galego, pero a chama olímpica da capital nipoa segue acesa para iluminar desde este martes a competición dos atletas paralímpicos. O tirador Juan Saavedra e o nadador do CN Galaico Chano Rodríguez atópanse xa en Xapón coa ilusión de repetir os éxitos de Teresa Portela, que regresou a Pontevedra cunha medalla de prata no pescozo.
O primeiro en loitar por un metal será o vigués Sebastián, Chano, Rodríguez que, aos seus 64 anos, vive a súa sexta experiencia olímpica. O nadador do CN Galaico, que participa nas modalidades de 200 e 100 estilo libre, será un dos primeiros en debutar. Ás 3.56 horas da madrugada do 25 de agosto, lanzarase á piscina do Centro Acuático de Tokio para buscar unha praza na final do 200. De logralo, disputaría a final ese mesmo día ás 12.52 horas (sempre en horario peninsular).
A segunda proba na que buscará un sitio no podio será a do 100 libre. A rolda clasificatoria está fixada para o día 26 de agosto ás 2.00 horas da madrugada e a final, para o mesmo día ás 10.00 horas.
Para a aparición de Juan Saavedra, que vive en Xapón os seus quintos Xogos Paralímpicos, haberá que esperar ata o 1 de setembro. O tirador competirá tamén en dúas modalidades. Por unha banda, no R3 Mixto 10 metros con rifle de aire e tendido; e por outro, no R6 Mixto 50 metros con rifle de aire e tendido. Nesta última, que se disputa en campo aberto, os deportistas terán que saber adaptarse a unhas condicións meteorolóxicas que poden resultar decisivas.
Saavedra fará a súa primeira aparición no campo de tiro de Asaka ás 2.30 horas do 1 de setembro para participar nas clasificatorias do R3. Se logra meterse na final, competirá por medalla só dúas horas máis tarde, ás 4.30 horas.
A súa segunda competición, o R6, está prevista para o 5 de setembro ás 2.30 horas coa disputa das semifinais. Ás 4.30 horas desa mesma xornada terá lugar a final no mesmo complexo deportivo.
A expedición galega complétana outros 14 deportistas: as triatletas Susana Rodríguez e Gustavo Rodríguez, as atletas Adiaratou Iglesias, Desirée Vila, Gustavo Nieves e, novamente Susana Rodríguez xunto ao seu guia Celso Comesaña; o piragüista Adrián Mosquera, o tenista Martín da Puente, o taekwondista Alejandro Vidal, os baloncestistas Agustín Alejos, Manuel Lourenzo, David Mouriz e Vicky Alonso; e o nadador Jacobo Garrido.
Relacionadas:
-
O medallista paralímpico Juan Saavedra comparte no colexio da Reigosa a súa experiencia de vida e deportiva
Por Redacción |
-
Pontevedra comparte intimidades cos seus olímpicos
Por Manu Otero & Mónica Patxot |
-
Juan Antonio Saavedra 'morde' medalla en Tokyo: Bronce na proba de carabina tendida
Por Alejandro Espiño |
-
Juan Saavedra debuta cun cuarto posto nos seus quintos Xogos Paralímpicos
Por Manu Otero |
-
Chano Rodríguez pecha os seus sextos Xogos Paralímpicos con dous diplomas
Por Manu Otero |
-
Chano Rodríguez métese noutra final olímpica e mellora as súas marcas pero remata lonxe da medalla
Por Manu Otero |
-
Ánimos a Juan Saavedra ante o reto dos Xogos Paralímpicos
Por Diego Espiño |
-
Chano Rodríguez logra o billete aos Xogos Paralímpicos con 64 anos e na última competición posible
Por Redacción |
-
Galicia, lista para os Xogos Paralímpicos de Tokyo con Juan Saavedra como unha das súas principais bazas
Por Redacción |