O medallista paralímpico Juan Saavedra comparte no colexio da Reigosa a súa experiencia de vida e deportiva
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A comunidade escolar do CEIP Plurilingüe A Reigosa recibiu recentemente unha visita moi especial. O pontevedrés Juan Saavedra, medallista nos últimos Xogos Paralímpicos de Tokio, compartiu cos estudantes a súa experiencia competitiva e vital.
Enmarcado nun programa titulado "Coida-Arte", o alumnado do centro está a levar a cabo proxectos de investigación sobre temáticas relacionadas coa saúde e o benestar no que tratan asuntos como a prevención de enfermidades, as vacinas, a alimentación, os hábitos saudables ou a práctica deportiva.
A visita de Saavedra supuxo o broche final ao traballo trimestral do alumnado. Durante a sesión, o deportista non só presentou un deporte, o tiro olímpico, descoñecido para a gran maioría da audiencia, tamén fixo fincapé na importancia do esforzo como requisito imprescindible para a superación persoal e profesional. "É un claro exemplo de resiliencia para todos nós", afirman desde o colexio.