O medallista paralímpico Juan Saavedra comparte no colexio da Reigosa a súa experiencia de vida e deportiva

Por Redacción
A comunidade escolar do CEIP Plurilingüe A Reigosa recibiu recentemente unha visita moi especial. O pontevedrés Juan Saavedra, medallista nos últimos Xogos Paralímpicos de Tokio, compartiu cos estudantes a súa experiencia competitiva e vital.
Enmarcado nun programa titulado "Coida-Arte", o alumnado do centro está a levar a cabo proxectos de investigación sobre temáticas relacionadas coa saúde e o benestar no que tratan asuntos como a prevención de enfermidades, as vacinas, a alimentación, os hábitos saudables ou a práctica deportiva.
A visita de Saavedra supuxo o broche final ao traballo trimestral do alumnado. Durante a sesión, o deportista non só presentou un deporte, o tiro olímpico, descoñecido para a gran maioría da audiencia, tamén fixo fincapé na importancia do esforzo como requisito imprescindible para a superación persoal e profesional. "É un claro exemplo de resiliencia para todos nós", afirman desde o colexio.
Relacionadas:
-
Un 2021 olímpico e inesquecible para Teresa Portela, Juan Saavedra e Antía Jácome
Por Diego Espiño |
-
Homenaxe da Deputación a un deporte provincial que "está a darlle os maiores éxitos deportivos a Galicia"
Por Redacción |
-
Pontevedra comparte intimidades cos seus olímpicos
Por Manu Otero & Mónica Patxot |
-
Juan Antonio Saavedra 'morde' medalla en Tokyo: Bronce na proba de carabina tendida
Por Alejandro Espiño |
-
Juan Saavedra debuta cun cuarto posto nos seus quintos Xogos Paralímpicos
Por Manu Otero |
-
Os Xogos Paralímpicos comezan e Pontevedra pon o foco en Juan Saavedra e Chano Rodríguez
Por Manu Otero |