
© Chano Rodríguez (@axelchano)
Chano Rodríguez logra o billete aos Xogos Paralímpicos con 64 anos e na última competición posible

Por Redacción
Foi campión paralímpico en Sydeny 2000 e Atenas 2004, e acumula ata 16 medallas coas sumadas tamén en Pequín 2008 e Londres 2012. Ademais tamén estivo presente en Río 2016 e non se vai a perder Tokyo 2021.
Chano Rodríguez, deportista do Club Natación Galaico, logrou este xoves aos seus 64 anos e na última competición posible a marca mínima para poder estar nos próximos Xogos Paralímpicos, na que será a súa sexta participación.
Gaditano de nacemento e vigués de adopción, Rodríguez segue vinculado ao club pontevedrés, ao que levará de novo a unha cita do máximo nivel.
Tras non logralo nos seus anteriores intentos, Chano Rodríguez conseguiu parar o crono este xoves en 2:54.00 na proba dos 200 libre das Series Mundiais de natación adaptada que se celebran en Berlín.
Relacionadas:
-
Clase de superación persoal dos nadadores Chano Rodríguez e Marcos Castro ao alumnado do IES A Xunqueira II
Por Manu Otero |
-
Chano Rodríguez pecha os seus sextos Xogos Paralímpicos con dous diplomas
Por Manu Otero |
-
Chano Rodríguez métese noutra final olímpica e mellora as súas marcas pero remata lonxe da medalla
Por Manu Otero |
-
Os Xogos Paralímpicos comezan e Pontevedra pon o foco en Juan Saavedra e Chano Rodríguez
Por Manu Otero |
-
O Campionato de España de Augas Abertas, un reto para o Club Natación Galaico
Por Redacción |
-
O Club Natación Galaico abre as súas portas
Por Redacción |
-
O Natación Galaico, satisfeito polo seu papel no Trofeo Internacional Villa de Gijón
Por Redacción |