Triunfo en Leganés (2-6) para un Poio Pescamar que se afianza na terceira posición
Por Redacción
Importante vitoria a conseguida este martes polo Poio Pescamar na pista do CD Leganés (2-6), en partido correspondente á primeira xornada de liga e que foi aprazado no seu día polo positivo por Covid dunha futbolista do cadro madrileño.
O conxunto conserveiro demostrou de novo o seu gran estado de forma para consolidarse na terceira posición do Grupo A con 16 puntos, a só 3 do liderado do Atlético Navalcarnero e abrindo brecha co cuarto clasificado, o propio Leganés, e que agora queda a 7 puntos aínda que cun partido menos.
As xogadoras adestradas por Manu Cossío expuxeron unha intensa presión no inicio para dificultar a saída de balón local, e funcionou ao contar coas primeiras ocasións por medio de Ana Rivera.
Con todo houbo que esperar ata o minuto 13 de xogo para ver o 0-1, obra de Antía Pérez nunha xogada persoal. A continuación, só dous minutos despois, o Poio castigaba un erro local para ampliar rendas cun tanto de Ana Rivera.
Tentaba reaccionar o Leganés, sobre todo tras o paso polos vestiarios, aínda que as ocasións máis claras seguían sendo de cor rojillo. Así, o que primeiro chegaría sería o terceiro visitante Irene García aproveitando un servizo de Luci. Era o minuto 28 e en só dous chegarían outros tres goles. Primeiro recortou distancias o conxunto local, a continuación Dani Sousa facía o cuarto do Poio e Chuli poñía o 2-4 co segundo tanto madrileño.
Ante a desvantaxe, nos últimos minutos as locais apostaban polo xogo de cinco, aínda que non contaban con que un dos primeiros roubos das conserveiras acabse xa en gol, co 2-5 de Irene. Xa nos últimos instantes chegaría tamén o sexto e definitivo, o segundo na conta particular de Ana Rivera.
CD LEGANÉS (2): Luci, Patri Montilla, Patri Blázquez, Guti, Pipi -cinco inicial- Puche, Chuli, Paula Molano, María Barcelona, Yrezábal.
POIO PESCAMAR (6): Caridad, Luci, Carolina, Ana Rivera, Dani Sousa -cinco inicial- Antía, Chiesa, Julia Dupuy, Mirian, Clara, Irene, Iraia.
Árbitros: José María Gudiel e Fernando Espinosa. Amoestaron a Puche no Leganés e a Dani Sousa e Antía no Poio Pescamar.
Goles: 0-1 Antía Pérez (min.13); 0-2 Ana Rivera (min.15); 0-3 Irene (min.28); 1-3 Paula Molano (min.28); 1-4 Dani Sousa (min.29); 2-4 Chuli (min.29); 2-5 Irene (min.36); 2-6 Ana Rivera (min.39).
Relacionadas:
-
Cita coa historia para o Poio Pescamar en Málaga coa fase final da Copa da Raíña
Por Diego Espiño |
-
O Poio Pescamar segue en xeira positiva e vence ao Penya Esplugués (2-0)
Por Cristina Saiz & Almu Dapena |
-
O Poio Pescamar trasládase ao Príncipe Felipe para medirse ao Penya Esplugués
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar recupera xornada perdida viaxando a Leganés
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar golea a domicilio o Ourense Envialia (1-5) e consolídase na terceira praza
Por Redacción |
-
Poio Pescamar e Marín Futsal coñecen aos seus primeiros rivais na Copa da Raíña 20/21
Por Redacción |
-
Antía Pérez e Caridad, do Poio Pescamar, citadas pola Selección Española Sub-21
Por Redacción |
-
Despexada a incógnita da fase final de Copa para o Poio Pescamar, que se medirá en semifinais ao Universidad de Alicante
Por Diego Espiño |