Despexada a incógnita da fase final de Copa para o Poio Pescamar, que se medirá en semifinais ao Universidad de Alicante
Por Diego Espiño
É unha das citas nas que maiores esperanzas e ilusión ten depositado o Poio Pescamar esta tempada, coa esperanza de loitar polo que sería o seu primeiro título oficial de categoría nacional.
Despois de moitos meses de espera debido ao seu aprazamento, e a só unhas semanas para a súa celebración, o conxunto vermello xa coñece o seu rival e tamén a sede na Final a 4 da Copa da Raíña.
Segundo desvelou este martes a Real Federación Española de Fútbol nun acto celebrado nas súas instalacións de Las Rozas, tanto a fase final copeira feminina como a masculina disputaranse do 18 ao 20 de decembro no pavillón Martín Carpena da cidade de Málaga.
Ata alí deberá desprazarse un Poio Pescamar que terá como opoñente nas semifinais ao Universidad de Alicante, actual cuarto clasificado do Grupo B na Primeira División.
Este partido fixouse para o venres 18 de decembro ás 16.00 horas, e do mesmo xeito que o resto da competición poderá seguirse en directo a través de Teledeporte.
De avanzar ata o encontro definitivo, o conxunto adestrado por Manu Cossío vería as caras na final co vencedor do encontro entre Pescados Rubén Burela e Alcorcón, os outros dous semifinalistas.
Relacionadas:
-
Un valente Poio Pescamar queda sen premio na final de Copa caendo pola mínima contra o Burela (1-0)
Por Diego Espiño |
-
Un gol de Ana Rivera na prórroga clasifica o Poio Pescamar para a final da Copa da Raíña
Por Diego Espiño |
-
Cita coa historia para o Poio Pescamar en Málaga coa fase final da Copa da Raíña
Por Diego Espiño |
-
Triunfo en Leganés (2-6) para un Poio Pescamar que se afianza na terceira posición
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar recupera xornada perdida viaxando a Leganés
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar golea a domicilio o Ourense Envialia (1-5) e consolídase na terceira praza
Por Redacción |
-
Poio Pescamar e Marín Futsal coñecen aos seus primeiros rivais na Copa da Raíña 20/21
Por Redacción |
-
Antía Pérez e Caridad, do Poio Pescamar, citadas pola Selección Española Sub-21
Por Redacción |
-
O Atlético cébase co Poio Pescamar e golea (6-1)
Por Almu Dapena |
-
O Poio Pescamar sofre primeiro e golea despois para sumar tres puntos (5-2)
Por Manu Otero & Cristina Saiz |
-
Un hat-trick de Dani Sousa dá a vitoria ao Poio Pescamar na súa visita ao Amarelle (0-3)
Por Almu Dapena |
-
Así queda a Copa da Raíña para o Poio Pescamar e os play-off de O Fisgón e Leis
Por Diego Espiño |