Cita coa historia para o Poio Pescamar en Málaga coa fase final da Copa da Raíña
Por Diego Espiño
O momento que tanto esperaba o Poio Pescamar por fin chegou. O conxunto conserveiro afronta desde este venres 18 de decembro a fase final da Copa da Raíña 2020 coa ilusión de levantar o primeiro título nacional da súa historia.
O plantel vermello xa se atopa en Málaga para tan importante competición, atrasada a pasada campaña pola irrupción da pandemia e que se mantivo desde entón como un dos grandes obxectivos do club.
A cita chega nun gran momento para o Poio tras encadear tres vitorias consecutivas en liga cunha notable imaxe que lle situaron na segunda posición do seu grupo, e ademais recuperou a pezas importantes que se perderon partidos por lesión, como a gardameta internacional Silvia Aguete.
Xunto a Silvia completan a convocatoria Caridad, Mirian, Luci, Julia Dupuy, Iraia, Dani Sousa, Agostina Chiesa, Irene, Carol, Clara, Antía Pérez e Ana Rivera.
O Universidad de Alicante, actual quinto clasificado no outro grupo da Primeira División, será o rival das vermellas por unha praza na gran final da competición. Será na segunda semifinal, prevista para as 16.00 horas deste venres coas cámaras en directo de Teledeporte.
En caso de vencer, na final o Poio curzaríase co gañador do Burela-Alcorcón, nun encontro que terá lugar ás 12.00 horas do próximo domingo 20 de decembro.
Relacionadas:
-
Manu Cossío, satisfeito polo papel do Poio Pescamar na final de Copa: "Hai que seguir por este camiño"
Por Diego Espiño |
-
Un valente Poio Pescamar queda sen premio na final de Copa caendo pola mínima contra o Burela (1-0)
Por Diego Espiño |
-
Un gol de Ana Rivera na prórroga clasifica o Poio Pescamar para a final da Copa da Raíña
Por Diego Espiño |
-
O Poio Pescamar segue en xeira positiva e vence ao Penya Esplugués (2-0)
Por Cristina Saiz & Almu Dapena |
-
Triunfo en Leganés (2-6) para un Poio Pescamar que se afianza na terceira posición
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar golea a domicilio o Ourense Envialia (1-5) e consolídase na terceira praza
Por Redacción |
-
Despexada a incógnita da fase final de Copa para o Poio Pescamar, que se medirá en semifinais ao Universidad de Alicante
Por Diego Espiño |