O Poio Pescamar recupera xornada perdida viaxando a Leganés
Por Redacción
A competición non descansa para o Poio Pescamar, nun mes decisivo para as súas aspiracións e ilusionante coa cada vez máis próxima fase final da Copa da Raíña.
Pero antes as vermellas céntranse de novo na liga co obxectivo de manterse no pelotón de cabeza do Grupo A da Primeira División. Para iso o conxunto conserveiro necesita este martes 8 de decembro sumar unha nova vitoria que lles coloque a tiro de pedra dos dous primeiros, o Atlético Navalcarnero e o Roldán.
O Poio visita (19.00 horas) a pista do CD Leganés, o seu inmediato perseguidor desde a cuarta praza, para recuperar a xornada aprazada no seu día por un caso de Covid no plantel madrileño.
Despois das grandes sensacións da fin de semana en Ourense, con goleada incluída, o equipo adestrado por Manu Cossío quere dar continuidade ao seu xogo.
A mellor noticia para o técnico é que por primeira vez no que vai de tempada contará con todo o plantel á súa disposición tras a recuperación de Slvia Aguete. Desta forma ademais da gardameta internacional viaxan terras madrileñas: Caridad, Iria Varela, Carol, Clara, Mirian, Irene García, Ana Rivera, Dani Sousa, Julia Dupuy, Agostina Chiesa ,Luci, Iraia e Antía.
Relacionadas:
-
Triunfo en Leganés (2-6) para un Poio Pescamar que se afianza na terceira posición
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar golea a domicilio o Ourense Envialia (1-5) e consolídase na terceira praza
Por Redacción |
-
Poio Pescamar e Marín Futsal coñecen aos seus primeiros rivais na Copa da Raíña 20/21
Por Redacción |
-
Antía Pérez e Caridad, do Poio Pescamar, citadas pola Selección Española Sub-21
Por Redacción |
-
Despexada a incógnita da fase final de Copa para o Poio Pescamar, que se medirá en semifinais ao Universidad de Alicante
Por Diego Espiño |
-
O Atlético cébase co Poio Pescamar e golea (6-1)
Por Almu Dapena |