Samuel Blanco termina segundo na Vuelta a Zamora

Por Redacción
Non puido ser e o Grupo Deportivo Supermercados Froiz quedou sen triunfo final na proba que reabría o calendario deportivo nacional no ciclismo elite e sub-23, a Vuelta a Zamora.
O conxunto pontevedrés tentou de todo na cuarta e última etapa para recuperar o maillot amarelo que perdeu a xornada anterior, pero Samuel Blanco quedou a 33 segundos do liderado.
Foi unha etapa aloucada, cunha carreira que rompeu pronto cunha fuga na que o Froiz meteu a catro ciclistas e a picada do líder da carreira, Josu Etxeberria (Caja Rural).
O Caja Rural tivo que empregarse a fondo para neutralizar aos escapados tras o paso de montaña. Con todo o Froiz seguiuno tentando movendo a carreira.
Samuel Blanco, que arrincaba o día terceiro na xeral, probou axudado polo seu compañeiro Marcos Jurado, chegando a ter medio minuto de vantaxe. Non era suficiente e ao chegar a meta a pesar de escalar ao segundo posto quedou a 33 segundos da vitoria.
A etapa decidiuse ao sprint entre tres ciclistas, sendo o propio Branco terceiro e levantando os brazos como gañador Raúl García (Lizarte).
As clásicas Torfeo Ayuntamiento de Zamora e Trofeo Iberdrola darán continuidade durante a fin de semana ao reactivado calendario ciclista.
Relacionadas:
-
O Froiz entra en modo Campionato de España
Por Redacción |
-
Galicia cita a catro corredores sub 23 do Froiz para os campionatos de España
Por Redacción |
-
O sprint final deixa ao Supermercados Froiz sen opcións no Memorial Ángel Lozano da Copa de España
Por Redacción |
-
O Supermercados Froiz, preparado para un novo asalto á Copa de España
Por Redacción |
-
Segundo posto para o Supermercados Froiz no trofeo Xacobeo
Por Redacción |
-
O Froiz perde o amarelo en Zamora pero mantense na pelexa
Por Redacción |
-
Batalladora estrea competitiva do Froiz na Volta a Zamora, con liderado incluído
Por Redacción |
-
O Froiz elixe formación para regresar á competición en Zamora
Por Redacción |
-
Test de rendemento no Froiz como paso previo á volta á competición
Por Redacción |
-
O Supermercados Froiz concéntrase en Manzaneda para preparar o inminente regreso das carreiras
Por Redacción |