O Supermercados Froiz concéntrase en Manzaneda para preparar o inminente regreso das carreiras
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/556/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5ee9f577ea-photo-2020-06-16-18-53-59.jpg)
© G. D. Supermercados Froiz
O ciclismo está de volta. Tras varios meses paralizado pola Covid-19 a continuación do calendario de ciclismo é inminente e xa hai competicións confirmadas para os primeiros días do mes de xullo. Por iso, os corredores do Grupo Deportivo Supermercados Froiz atópanse esta semana nunha concentración de adestramento en Manzaneda.
Polos aprazamentos motivados polo estado de alarma, a Real Federación Española de Ciclismo aprobou un calendario moi concentrado no que "non haberá carreiras ou voltas que sirvan de preparación", aseguran desde a dirección deportiva do Froiz.
Sen demasiada marxe para recuperar a forma, os ciclistas elite e sub 23 do cadro alimenticio examinan estes días o seu estado de forma para reiniciar a tempada que terán o seu primeiro test serio entre o 14 e o 17 de xullo coa celebración da Volta a Zamora. Ademais, as probas da Copa de España, outro dos grandes obxectivos da escuadra pontevedresa, foron reprogramadas para despois do verán.