O Froiz elixe formación para regresar á competición en Zamora
Por Redacción
O Grupo Deportivo Supermercados Froiz quenta motores para o inminente regreso á competición oficial na categoría elite e sub-23 do ciclismo nacional.
Os corredores da escuadra pontevedresa protagonizaron esta semana un adestramento conxunto no que tanto os técnicos como o seu director, Evaristo Portela, puideron comprobar de primeira man o seu estado de forma.
Foron 130 quilómetros de percorrido por estradas da provincia e con case 3.000 metros de desnivel acumulado, pasando por Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, A Lama, Ponte Caldelas e Soutomaior para terminar en Pontevedra.
Segundo o Froiz os ciclistas presentaron un bo estado de forma, destacando nos altos de montaña tres nomes, os de Jorge Suárez, Adrián Barros e Samuel Blanco.
Estes tres corredores serán parte do equipo que redebute esta tempada o próximo 14 de xullo na Vuelta a Zamora, completando a formación Iván Martínez, Marcos Jurado, Víctor Romero e Patrick Videira.
Será o inicio dun breve pero intensa campaña deportiva que, se todo vai segundo o previsto, prolongarase ata o mes de novembro.
Relacionadas:
-
Samuel Blanco termina segundo na Vuelta a Zamora
Por Redacción |
-
O Froiz perde o amarelo en Zamora pero mantense na pelexa
Por Redacción |
-
Batalladora estrea competitiva do Froiz na Volta a Zamora, con liderado incluído
Por Redacción |
-
Test de rendemento no Froiz como paso previo á volta á competición
Por Redacción |
-
O Supermercados Froiz concéntrase en Manzaneda para preparar o inminente regreso das carreiras
Por Redacción |
-
A Volta Ciclista a Zamora, proba de lume para o Froiz tras o confinamento
Por Almu Dapena |
-
4 horas de rodete ao día e unha alimentación moi coidada, así son os adestramentos do Supermercados Froiz
Por Almu Dapena |