O sprint final deixa ao Supermercados Froiz sen opcións no Memorial Ángel Lozano da Copa de España

Por Redacción
Emocionante regreso á competición o vivido este domingo co Memorial Ángel Lozano, que por primeira vez formaba parte do calendario da Copa de España Elite-Sub23. Valladolid foi a cidade de saída e chegada dunha carreira que se resolveu nos últimos metros mediante un sprint.
A competición comezou ás 10:00 horas desde o central Campo Grande, e por diante restaban 160 quilómetros por percorrer maioritariamente chairos e con algunha subida non demasiado dura.
O Froiz empezou mandando na escapada durante a metade de carreira con Guillermo García á cabeza e seguido doutros cinco ciclistas, chegando a contar con algo máis de 2.30 de vantaxe sobre o pelotón, que non deu oportunidade aos escapados e alcanzáronos cando quedaban 60 quilómetros para a meta.
O ciclista do Froiz continuou entre os tres primeiros ata chegar por segunda vez ao Alto del Portillo, foi nese momento cando o vencedor do Circuito Guadiana, Mauricio Moreira, cambiou o ritmo e forzou unha selección de 11 ciclistas, que tentaron escaparse dentro dos últimos 25 quilómetros pero algúns integrantes do pelotón optaron polo sprint e uníronse ao grupo que levaba vantaxe. Entre eles atopábase Abel Franco que chegou a Tudela de Duero e Mojados en terceiro lugar.
Xa na recta final, os integrantes da escuadra alimenticia fóronse quedando atrás, logrando o mellor posto con Iuri Leitao (23). O vencedor da etapa foi David Martín (Kometa- Xstra), Raul García (Lizarte) logrou o segundo posto e Vicente Hernaiz (Kometa- Xstra) o terceiro.
Relacionadas:
-
O Froiz estrea en Cantabria a camisola de campión de España
Por Redacción |
-
Samuel Blanco, ciclista do Froiz, proclámase campión de España en Xaén
Por Redacción |
-
O Froiz entra en modo Campionato de España
Por Redacción |
-
Galicia cita a catro corredores sub 23 do Froiz para os campionatos de España
Por Redacción |
-
O Supermercados Froiz, preparado para un novo asalto á Copa de España
Por Redacción |
-
Segundo posto para o Supermercados Froiz no trofeo Xacobeo
Por Redacción |
-
Samuel Blanco termina segundo na Vuelta a Zamora
Por Redacción |