Batalladora estrea competitiva do Froiz na Volta a Zamora, con liderado incluído
Por Redacción
O Grupo Deportivo Supermercados Froiz quedou preto de levantar os brazos en sinal de vitoria na súa segunda xornada de competición tras o parón provocado polo coronavirus, pero levou o premio de conseguir o maillot amarelo de líder.
O pelotón ciclista elite e sub-23 regresou esta semana ás carreiras coa Vuelta a Zamora, en cuxo prólogo de 3,5 quiilómetros un ciclista do Froiz, Marcos Jurado foi quinto a 9 segundos do vencedor, Mauricio Moreira (Rías Baixas).
Era só o aperitivo ao que estaba por chegar este mércores coa primeira etapa en liña da rolda castelá, na que o conxunto alimenticio foi un dos grandes animadores.
Foi unha etapa dura e movida, sobre todo pola aparición dos temidos abanicos que dividiron aos participantes en dous grupos no quilómetro 75 dos 141 que separaban a saída e Villaralbo da meta en Roales. O Froiz viuse sorprendido por esta circunstancia e asumiu a responsabilidade de tirar detrás para reducir o preto de 1 minuto de desvantaxe que se chegou a acumular.
Unha vez enlazado Víctor Romero, corredor do equipo pontevedrés, deuse á fuga acompañado de Sotil (Goierriko TB). Faltaban algo menos de 40 quilómetros e o dúo chegou a contar con 1'20'' de vantaxe sobre un pelotón no que o Rías Baixas se poñía ao mando da persecución.
Romero soltou ao seu compañeiro e marchou en solitario, tentando aguantar o minuto de vantaxe que aínda atesouraba con respecto ao pelotón a 15 de meta. Con todo o interese no grupo por unha chegada masiva privoulle da vitoria, sendo neutralizado a 7 quilómetros do final.
O triunfo decidiuse finalmente ao sprint, onde se impuxo Alex Ruíz (Valverde Team). Sen embargo o ciclista do Froiz tivo premio, ao situarse como líder provisional da clasificación xeral.
Sprint final en Roales del Pan con victoria de Alex Ruíz (@Valverde_Team) #VueltaZamora pic.twitter.com/waPAs6aBUS
— lavueltaazamora (@lavueltaazamora) July 15, 2020
A Vuelta a Zamora, primeira competición nacional post-Covid, contará aínda con dúas etapas máis estando prevista a súa conclusión o vindeiro venres 17 de xullo.
Relacionadas:
-
Samuel Blanco termina segundo na Vuelta a Zamora
Por Redacción |
-
O Froiz perde o amarelo en Zamora pero mantense na pelexa
Por Redacción |
-
O Froiz elixe formación para regresar á competición en Zamora
Por Redacción |
-
Test de rendemento no Froiz como paso previo á volta á competición
Por Redacción |
-
O Supermercados Froiz concéntrase en Manzaneda para preparar o inminente regreso das carreiras
Por Redacción |
-
4 horas de rodete ao día e unha alimentación moi coidada, así son os adestramentos do Supermercados Froiz
Por Almu Dapena |