Natalia López, primeira renovación para o Arxil
Por Redacción
O CB Arxil segue confeccionando o persoal que lles de opción para pelexar por estar nos postos de arriba da clasificación na nova tempada.
É por iso, que o club verde anunciou a renovación da primeira xogadora, Natalia López.
A xogadora leonesa lesionouse na terceira xornada da tempada 2019/2020 e tivo que pasar polo quirófano despois de romper o ligamento cruzado anterior no seu xeonllo. Agora, xa recuperada, poderá comezar a tempada con absoluta normalidade.
Antes da súa lesión, a escolta xogara 3 partidos cunha media de 22 minutos, 6 puntos, 1'7 asistencias e 2'3 rebotes. Para Mayte Méndez é unha "aposta de calidade e que por culpa da lesión perdémonola/perdémosnola a tempada pasada. Ver como traballou na súa recuperación e o implicada que estivo co equipo, estou e no Arxil están convencidos que este vai ser o seu ano e vainos a axudar moito, sobre todo no tema das rotacións".
En canto ao resto de renovacións, desde o club trasladan que continuarán co mesmo guión que a tempada pasada e, para a secretaría técnica, "o primeiro é pechar o persoal das xogadoras nacionais, sobre as que ten que recaer boa parte da responsabilidade da tempada e tirar do carro cando se necesite".
Relacionadas:
-
María Lago cumprirá esta tempada unha década defendendo as cores do Arxil
Por Redacción |
-
Margarita Moreira dá continuidade ás renovacións no Arxil
Por Redacción |
-
Acordo entre o Arxil e Heather Forster para a súa renovación por unha tempada
Por Redacción |
-
O Arxil formaliza a súa inscrición en Liga Feminina 2 e cumprirá 20 anos na categoría
Por Redacción |
-
Cristina Díaz-Pache renova e cumprirá a súa novena tempada no Arxil
Por Redacción |
-
O Arxil inscribe, esta vez si, o seu filial na Primeira Nacional confirmando o ascenso de categoría
Por Diego Espiño |
-
Noelia Masiá estrea o capítulo de fichaxes no Arxil
Por Redacción |
-
O Arxil xa coñece a data de inicio da liga Feminina 2
Por Redacción |
-
Mayte Méndez inesgotable, vinte anos á fronte do Arxil
Por Redacción |
-
Adriana Aparicio deixa o Arxil para continuar os seus estudos universitarios na República Checa
Por Redacción |
-
Aprobada a ampliación da Liga Feminina 2, que pasará a ter tres grupos de 14 equipos
Por Redacción |